Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 266 novas da área temática Comercio:

29/02/2024 | 21:00 | C. de Economía e Industria

Os futuros nomes do deseño da moda galega demostran o seu talento nunha nova edición do desfile ‘Despunte’

A Escola da Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago organiza esta iniciativa na que se entregan máis de 7.000€ en premios

16/02/2024 | 17:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a remuda xeracional na ourivería e na acibechería compostelá

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde en Santiago de Compostela o curso ‘Técnicas de ourivería e acibechería’ que imparte o ourive Ricardo Rivas ata o 5 de abril

14/02/2024 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos comerciantes vigueses dos novos apoios por 4,4 M€ para impulsar a transformación dixital, a innovación e a modernización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou nunha xornada celebrada na Cámara de Comercio para explicar a nova convocatoria, aberta á presentación de solicitudes ata o 4 de marzo
 

06/02/2024 | 14:09 | C. de Economía e Industria

As axudas para a compra de electrodomésticos xa se poderán solicitar desde este xoves

A Xunta destina a esta iniciativa un orzamento de 2,2 M€ coa intención de que se beneficien ata 14.000 fogares galegos
 

01/02/2024 | 12:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O DOG publica as axudas ao emprego para beneficiar unhas 175 cooperativas ou sociedades laborais cun orzamento de 5 M€

Con esta medida, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade busca dinamizar o emprego na economía social, con achegas básicas para a contratación de persoas en desemprego ou para quen emprenda no sector que parten dos 6.000 euros
 

31/01/2024 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega os oficios artesanais aos máis novos co proxecto ‘Artesanía na Escola’

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, presentaron esta mañá esta iniciativa no CEIP Monte dos Postes de Santiago

27/01/2024 | 19:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o papel do comercio dos Mallos na dinamización deste barrio coruñés

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou diferentes establecementos do centro comercial aberto Distrito Mallos

26/01/2024 | 13:23 | C. de Economía e Industria

Os produtos da empresa familiar Patatas Gándara contan xa co certificado de Galicia Calidade

Ana Méndez, xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, visitou hoxe as instalacións da empresa, onde puxo en valor a calidade no proceso de produción e distribución dos seus produtos