Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Cultura:

04/05/2024 | 13:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo do Mar de Galicia ofrece unha experiencia pictórica e audiovisual mergullando o espectador nun Bosque de Laminarias

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á apertura deste proxecto interdisciplinar, aberto ata o 30 de xuño, e que procura concienciar da importancia da conservación mariña

04/05/2024 | 10:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A segunda aceleradora musical Sonermerxente pecha a fase de titorías grupais cun obradoiro sobre a importancia da saúde mental

Rosana Corbacho, psicóloga especializada na industria musical, abordou con artistas e bandas a xestión de éxitos e fracasos e o autocoidado

03/05/2024 | 18:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García participa na gala dos XX edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e do certame audiovisual REC.curta

Máis de 3.000 alumnos e alumnas decidiron cos seus votos as obras gañadoras dos galardóns literarios 

03/05/2024 | 15:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Arrinca na Cidade da Cultura a décima edición de Escenas do Cambio con 13 espectáculos para mergullarse na vangarda escénica

O festival comeza coa inauguración da instalación inmersiva ‘Corpo que se fai imaxe’, do artista e comisario portugués António Gonçalves

03/05/2024 | 15:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Comeza en Sanxenxo a rodaxe do filme subvencionado pola Xunta "Así chegou a noite"

A terceira longametraxe do realizador pontevedrés Ángel Santos filmarase tamén en localizacións do Grove e Meaño ata o mes de xuño

03/05/2024 | 12:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a comunicación permanente do Museo Arqueolóxico de Ourense coa cidadanía a través da iniciativa ‘peza do mes’

O conselleiro asegurou que estará vixiante de que o Goberno central cumpra canto antes co compromiso de apertura do Mapou na súa sede histórica no Pazo Episcopal, por tratarse dun “espazo imprescindible” para Ourense e para Galicia

03/05/2024 | 10:18 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia as actividades de mediación do programa de residencias e investigación ‘Atopémonos Bailando’

O proxecto ao redor da danza e das artes do movemento celebra a súa terceira edición con oito compañías e artistas de Galicia, resto de España, Portugal e Costa Rica