Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 104 novas da área temática Xustiza:

06/10/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marín conta xa con xulgados enerxeticamente eficientes tras as melloras realizadas pola Xunta cun orzamento superior aos 261.000 €

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o edificio para comprobar as obras executadas

05/10/2023 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O investimento da Xunta destinado á dotación de equipamento para os servizos de emerxencias nos últimos anos acada os 26 M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, destacou hoxe no Parlamento de Galicia, que desde 2015 lévanse investidos 14M€ en material para as Agrupacións de Voluntarios de Voluntarios de Protección Civil

05/10/2023 | 09:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o papel dos administradores concursais en apoio aos maxistrados dos xulgados do mercantil

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou no ‘XVII Encontro en Galicia de Profesionais de Dereito Concursal’ a importancia de foros de referencia nacional coma este para actualizar a formación dos profesionais sobre a nova normativa concursal

04/10/2023 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comezan hoxe as obras de construción do novo edificio xudicial da Estrada, nas que a Xunta inviste case 2,8 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a parcela A Baiuca onde se reunificarán nun só inmoble cunha superficie de máis de 1.400 metros cadrados os dous xulgados da localidade

03/10/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva a cabo melloras de seguridade nos xulgados de Cambados coa instalación dun arco detector de metais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, comprobou as actuacións e lembrou que a seguridade está garantida no edificio con todos os efectivos necesarios conforme ao convenio co Ministerio do Interior

02/10/2023 | 16:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo sinala o compromiso da Xunta co labor policial como garante da seguridade cidadá e da protección do patrimonio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega de distincións enmarcada nos actos institucionais do Día da Policía en Compostela

02/10/2023 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o carácter imprescindible da medicina forense na administración de xustiza polo seu labor multidisplicipar e de valoración

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración da reunión nacional de directores dos Institutos de Medicina Legal, organizada polo Centro de Estudos Xurídicos do Ministerio de Xustiza

28/09/2023 | 17:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a figura dos graduados sociais como “peza esencial da xustiza social”

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron na inauguración das ‘I Xornadas laboralistas da Coruña e Ourense’, organizadas polo Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense