Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 40.490 novas da área temática Áreas temáticas:

11/11/2026 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta intercambia experiencias en Austria sobre construción industrializada en madeira

Lorenzana avanza que a Xunta quere empregar este material na fabricación das naves industriais e das vivendas que se van ofertar dentro do programa Galicia Industria 360

11/11/2026 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez defende a aposta de Galicia polo ensino híbrido co uso seguro da tecnoloxía ao servizo da calidade educativa, a equidade e a igualdade

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP presenta en SIMO a nova Lei de educación dixital de Galicia e o Marco galego para o impulso educativo

11/11/2026 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello da Merca colaboran na humanización da contorna da igrexa de Santa Olaia de Parderrubias

A intervención, ao abeiro do Plan Hurbe, permitirá a recuperación deste espazo coa supresión de barreiras arquitectónicas e a mellora da accesibilidade na contorna

11/11/2026 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por protexer os animais de compañía e facilitar a súa adopción responsable e o seu benestar

Marisol Díaz explica que a Xunta está a traballar en distintas direccións neste eido, como a prevención do abandono, a colaboración cos concellos e as protectoras ou o impulso de infraestruturas públicas destinadas a garantir o seu coidado e bo estado

11/11/2026 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo asina a acta de comprobación material da nova varredora do Concello do Porto do Son adquirida cun investimento total de máis de 95.000€

A delegada puxo en valor a utilidade deste tipo de investimentos para reforzar os servizos municipais e contribuír á conservación dos espazos públicos, incidindo na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para atender as necesidades da cidadanía

11/11/2026 | 12:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a potencialidade de Galicia na produción e transformación de castaña

A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións de Alibós Galicia, no concello lucense de Monterroso, á que sinalou como todo un referente no procesamento deste froito na nosa comunidade

11/11/2026 | 12:23 | C. de Sanidade

A Xunta convoca 50 prazas do curso de diplomado en saúde pública, con acreditación a nivel nacional

O Diario Oficial de Galicia publica as bases da edición de 2027, cunha formación de 275 horas lectivas

11/11/2026 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Xunta e Concello de Oímbra asinan un convenio para a urbanización dunha parcela próxima ao centro escolar para facilitar a construción de vivenda protexida

A través desta actuación transformarase a parcela próxima ao CEIP Oímbra na rúa Escolar, para dotala de servizos, zonas verdes e equipamentos públicos