Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza os vínculos comerciais con EE.UU. coa vista posta na apertura de novas oportunidades de negocio para o tecido empresarial galego
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo cunha delegación estadounidense desprazada a Galicia e con responsables da Asociación de Industrias do metal e tecnoloxías asociadas de Galicia (Asime)
A Xunta impulsa a visibilidade e o crecemento da economía social a través do novo portal estatístico ‘Galestat’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto central da VI Semana Universitaria da Economía Social no que se presentou o novo portal estatístico da Economía Social en Galicia (Galestat)
Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa simplificación administrativa para fortalecer o desenvolvemento empresarial
Defende a eliminación de obstáculos burocráticos para a axilización dos proxectos económicos
Lorenzana pide o apoio da cámara para cambiar a Lei de Industria, que “ignora” a Galicia na planificación enerxética e pon en risco proxectos estratéxicos
Sinala que o texto non garante que os proxectos industriais teñan a interconexión eléctrica necesaria e considéraa “outro intento de recentralización sen recoñecer as competencias autonómicas”
A Xunta pon en valor o papel das startups cooperativas como modelo de futuro para Galicia
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no evento "Diálogos Inspiradores: Tecnoloxía, Innovación e Economía Social" onde destaca os instrumentos públicos que impulsan o emprendemento tecnolóxico con impacto social, a través de financiamento, asesoramento e acompañamento integral
Manuel Pardo subliña a contribución do programa Reacciona da Xunta a prol da competitividade e innovación das pemes de Ourense cun investimento de preto de 107.000 euros
O delegado territorial lembrou que a Xunta, a través do Instituto Económico de Galicia (Igape), abriu o pasado día 21 de xaneiro, o prazo de presentación de solicitudes dunha nova edición deste programa cun orzamento de 2,8 M€
Lorenzana sinala a necesidade de que Galicia conte cunha sólida rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos
Apunta que en tres meses estará operativo na páxina web da Consellería de Economía e Industria un visor que funcionará como un mapa interactivo onde facer consultas en tempo real sobre a localización destas instalacións na Comunidade
A Xunta congratúlase de que o supremo avale a correcta tramitación do parque de Campelo, que abre a porta a levantar a paralización polo TSXG de 64 parques eólicos
A sentenza do Alto tribunal español resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito na autorización deste parque e rexeita que recorrese ao fraccionamento, en contra do que defendía un fallo do TSXG
A Xunta avoga pola coordinación de esforzos para seguir avanzando no apoio ao emprendemento ligado ao territorio
José González puxo de relevo a aposta de Galicia pola colaboración público-privada para impulsar ideas que favorezan á comunidade e o traballo que se está a realizar para identificar oportunidades de negocio atendendo ao potencial das cidades e vilas
Rueda reivindica a estabilidade institucional de Galicia como motor económico e industrial
Lamenta a inestabilidade do Goberno central, que penaliza ás Comunidades que cumpren coas súas obrigas