Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

20/09/2026 | 14:19 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros

O lume quedou extinguido ás 13,22 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 67,4 hectáreas, das cales 57,35 se corresponden con monte raso e 10,05, con arborado

20/09/2026 | 13:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural enxalza a produción agroalimentaria galega de calidade diferenciada na XLIV Festa da Pataca de Coristanco

A conselleira María José Gómez asistiu hoxe a este evento, unha das primeiras celebracións gastronómicas nadas coa vontade de recoñecer unha produción propia

20/09/2026 | 12:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde liderará a licitación do proxecto europeo Reheal para a busca de solucións informáticas innovadoras para reducir o impacto ambiental nos subministros sanitarios

O grupo de traballo do Sergas e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), participaron esta semana en Copenhague na Asamblea Xeral do proxecto, que será licitado por 3,5 millóns de euros

20/09/2026 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a obra de mellora urbana, paisaxística e de accesibilidade do parque Alcalde Ordóñez, no Porriño, por un orzamento de máis de 425.000 euros

Trátase de transformar o espazo existente nun parque seguro, plenamente accesible, confortable climáticamente e cunha identidade paisaxística vinculada ao territorio

20/09/2026 | 11:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta ofrece 250 obradoiros ás familias para axudalas a acompañar aos menores no uso seguro da tecnoloxía

Educación e Amtega lanzan unha nova edición do programa ‘Menores conectados: educación dixital en ciberseguridade e privacidade’ para familias do alumnado de 10 a 18 anos

20/09/2026 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta felicita a Asociación Finisterre en América polo seu centenario de traxectoria como referente na historia da emigración galega na Arxentina

O secretario xeral da Emigración visitou, xunto co delegado da Xunta na Arxentina, a sede da Asociación o mesmo día que cumpre os cen anos desde a súa fundación

20/09/2026 | 10:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 640.000 euros ás actuacións de protección contra a contaminación acústica na LU-862 ao paso polo concello de Viveiro

Esta intervención enmárcase no Plan de Acción contra a Contaminación Acústica que leva a cabo o departamento que dirixe M. Allegue e que se cofinanciará con fondos europeos FEDER

20/09/2026 | 10:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta exhibirá no Centro Galego de Arte Contemporánea unha revisión do legado de Jannis Kounellis, o máximo expoñente da ‘Arte Povera’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inaugura o vindeiro venres, día 25, este proxecto artístico internacional, realizado en colaboración co Es Baluard Museo Darte Contemporani de Palma

20/09/2026 | 10:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de humanización de espazos públicos nos núcleos rurais de Loureiros e Xora, no concello de Coirós

A actuación, adxudicada por case 130.000 euros, enmárcase no Plan Hurbe, e permitirá a  mellora do estado do firme das vías deste dous lugares da parroquia de Santa María de Ois