Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre un novo marco de formación a demanda das empresas que reforza a súa planificación e inclúe unha oferta de cursos máis ampla e modulable
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a primeira convocatoria de apoios do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas para a posta en marcha de formacións adaptadas ás demandas específicas do tecido produtivo
Belén do Campo destaca o compromiso da Xunta co emprego feminino a través do programa Emega que beneficiou na comarca de Ordes a 7 emprendedoras por un importe de 76.000 €
A representante do Goberno galego explicou que o programa Emega comprende axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a activación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres
A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade
José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral
A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre deste 2026 o novo decreto que institucionalizará o Diálogo Social en Galicia adaptándoo ás novas realidades laborais
A nova norma busca dotar o Diálogo Social de maior transversalidade, potenciándoo como ferramenta estratéxica para abordar cuestións de calado como a prevención de riscos laborais e do absentismo inxustificado, a igualdade ou o benestar laboral
A Xunta continuará impulsando neste 2026 o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ que vén de ser distinguido nos Premios Nacionais de Artesanía
A iniciativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013 co obxectivo de facer converxer artesanía e gastronomía foi recoñecida na categoría Promociona Entidades Públicas
Galicia pecha 2025 con 6.807 persoas desempregadas menos ca hai un ano e con 17.715 cotizantes máis á Seguridade Social
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en decembro, que en ambos casos anotan os mellores datos da serie histórica nese mes
A Xunta impulsa o coñecemento do comercio local entre máis de 2.200 estudantes de preto de 50 centros educativos galegos a través do Programa Localízate
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, deu recentemente a benvida aos docentes participantes na formación en liña da nova edición da iniciativa