Actualidade
Buscador de novas
Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra
O lume iniciouse ás 04,19 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor das 20 hectáreas
Lorenzana anuncia que a vindeira semana comezarán en Sada as obras do novo Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico de Applus en Galicia
A conselleira destaca que o proxecto contará cun investimento de 6,5 M€ e é o único centro destas características que ten a multinacional en todo o mundo
A Xunta destaca en Burela o valor da pesca costeira artesanal como motor de futuro das comunidades mariñeiras
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na presentación de novas actuacións do proxecto PESCARTE: a prol da pesca costeira artesanal, impulsado pola Confraría de Pescadores de Burela
López Campos destaca o prestixio internacional dos premios Atlante de Gravado e a súa contribución “á proxección da Galicia Calidade a través da arte”
O representante do Goberno galego salienta a repercusión e interese destas distincións coa participación de 139 creadores de todo mundo cun “talento soberbio”
Allegue salienta que a nova senda de Ponteceso “favorecerá os desprazamentos máis seguros e sostibles da veciñanza entre Corme Aldea e Corme Porto”, núcleo de referencia de servizos
Esta actuación na AC-424, supra cun investimento de 563.055 euros cofinanciada con fondos FEDER e permitirá conectar estes núcleos do municipio mediante unha senda de 900 metros que mellorará a seguridade dos peóns e favorecerá os desprazamentos a pé
Villares participa na Galería Néboa na inauguración da proposta Aberto’26, que conta co apoio da Xunta
O delegado territorial de Lugo destaca a colaboración do Goberno galego co sector para favorecer a actividade expositiva, a asistencia a feiras nacionais e internacionais e a promoción dos artistas locais
Preto de 450.000 persoas visitaron o Parque Nacional das Illas Atlánticas na tempada de verán, un dato que confirma a tendencia ascendente dos últimos anos
Ángeles Vázquez salienta tamén que no desde xaneiro os catro arquipélagos recibiron algo máis de 478.000 visitas, un balance que practicamente iguala ao de todo o ano anterior á falta aínda de máis de tres meses para pechar o exercicio
A Xunta destaca o éxito das I Olimpiadas de Envellecemento Activo e Saudable que reuniron máis dun cento de participantes
O Goberno galego felicitou á Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía polo seu compromiso cos maiores e a promoción da súa autonomía
Román Rodríguez destaca a conexión da FP coa realidade laboral e co tecido produtivo na XXXVIII Feira do Moble de Galicia
O conselleiro visita os espazos vinculados á FP, que achegou ao alumnado as oportunidades formativas e profesionais do sector da madeira
Belén do Campo e Begoña Abeijón participan no acto de inicio das obras da nova sede da asociación Parkinson Galicia-Coruña na cidade
Ambas dirixentes desexaron o maior dos éxitos a Parkinson Galicia-Coruña nesta nova etapa con esta nova sede que será un punto de encontro e un espazo desde o que a asociación poida medrar e ofrecer máis e mellores servizos ás persoas afectadas por esta doenza e ás súas familias