Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 725 novas da área temática Cooperación:

06/11/2024 | 09:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto dun cento de agrupacións de voluntarios de Protección Civil reciben material da Xunta este ano

Benefícianse da orde para a adxudicación de equipamentos de emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

05/11/2024 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta suma o apoio da Asemblea Rexional e Local Euromediterránea ás mostras de solidariedade coas persoas afectadas pola DINA

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou na sesión en Xordania, onde se abordaron cuestións como a axenda estratéxica euromediterránea, a resiliencia hidrográfica, a loita contra o cambio climático e a transición enerxética ou o diálogo intercultural

04/11/2024 | 15:08 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta coordina o envío de douscentos profesionais, case un cento de vehículos e diverso material de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola catástrofe en Valencia

Alfonso Rueda agradece “a solidariedade de todos os galegos e o seu compromiso”, tanto dos cidadáns anónimos como dos profesionais “que voluntariamente se ofreceron” nuns momentos “nos que a súa axuda é especialmente necesaria”

04/11/2024 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a orde de axudas para financiar o servizo de comedor das escolas infantís de iniciativa social

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle as bases desta convocatoria, que conta cun orzamento de máis de 1,2 millóns de euros

03/11/2024 | 15:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso co movemento veciñal con 4 M€ en 2025 para axudas ás entidades que o representan

O delegado territorial en Lugo asistiu á XI edición dos premios ‘Crer no movemento veciñal’ da Confederación Galega de Asociacións Veciñais ‘Rosalía de Castro’ (Cogave), na que recolleu o galardón concedido á directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, pola colaboración do Goberno galego co movemento veciñal

02/11/2024 | 17:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta centralizará e coordinará o envío de profesionais e medios de emerxencias en apoio ás persoas afectadas pola Dana en Valencia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta mañá nunha reunión por videoconferencia con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), das catro deputacións provinciais e de servizos operativos de emerxencias para facer reconto dos medios dispoñibles

02/11/2024 | 13:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asina un convenio co concello de Beariz para renovar a cuberta do centro social de Muradás

O Executivo autonómico, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, destina unha partida de máis de 48.000 euros a esta actuación

01/11/2024 | 09:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aumenta o compromiso coa cooperación para o desenvolvemento co orzamento previsto para 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo unha reunión con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento, aos que comunicou o incremento da contía de cooperación en máis dun 10% nas contas autonómicas de 2025 ata case 10M€ 

30/10/2024 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que a residencia impulsada pola Fundación Amancio Ortega en Pontevedra comezará a recibir residentes no primeiro semestre de 2025

A FAO entrega chave en man á Xunta o complexo no barrio pontevedrés da Eiriña, lugar que lle dá tamén nome á infraestrutura, para a súa incorporación á rede pública autonómica, tras un investimento que supera os 25 millóns de euros