Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.678 novas da área temática Economía:

06/03/2025 | 14:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta mellora as condicións dos préstamos concedidos con fondos públicos para apoiar a actividade económica do tecido empresarial galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dun novidoso programa que conta cun orzamento de cinco millóns de euros e permitirá subvencionar os xuros de préstamos concedidos con fondos Next Generation EU e Xesgalicia

06/03/2025 | 13:05 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros ratifica o apoio da Xunta as pemes a través das axudas a proxectos de investimento empresarial dotadas de 10 M€

Este programa do Igape ten por obxecto estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial para dinamizar a actividade económica na Comunidade

05/03/2025 | 17:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos equipara o edificio do Banco Pastor no seu centenario á capacidade de Galicia para xerar riqueza e crecemento

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou no acto de celebración do século de existencia do emblemático rañaceos da Coruña

05/03/2025 | 16:19 | C. de Economía e Industria

Lorenzana advirte da necesidade de que o novo plan europeo para a automoción se aplique coa máxima celeridade

“Consideramos que é un plan que se necesitaba con carácter de emerxencia, non só de urxencia”, di, para avisar de que, a partir de agora, non se pode perder tempo en desenvolvementos regulatorios

04/03/2025 | 11:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia gaña case 17.000 afiliacións na comparativa anual e reduce o paro a un ritmo maior que o estatal

A cifra de desemprego acadada en Galicia en febreiro -120.977- é a máis baixa neste mes desde que hai serie histórica (1996)

03/03/2025 | 16:39 | C. de Economía e Industria

Lorenzana viaxa mañá a Bruxelas nunha semana decisiva para o sector da automoción

Coincide coa presentación, o vindeiro mércores, do plan de actuación que a Comisión Europea anunciou para o sector da automoción e logo do adianto feito hoxe pola presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, de que se vai ampliar de un a tres anos o calendario de redución de emisións ao que están obrigados os fabricantes europeos

03/03/2025 | 16:04 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo lembra que está aberta a convocatoria das axudas da Xunta dirixidas a concellos para a mellora dos parques empresariais

O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto unha nova orde de axudas por máis de 3 millóns de euros dirixidas dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde

03/03/2025 | 15:09 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

A nova Estratexia de internacionalización da Xunta prevé reducir a mínimos o impacto dos aranceis de Estados Unidos nas exportacións galegas

Rueda anuncia a posta en marcha dun “observatorio de vixilancia” na antena do Igape en Miami para ofrecer asesoramento as empresas galegas e avaliar os gravames