Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amplía o crédito da convocatoria de primeira experiencia profesional en máis de 468.000 euros para maximizar o impacto desta orde nos menores de 30 anos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o incremento orzamentario desta liña de apoio aberta ata o 30 de setembro e que busca incentivar a formalización de contratos formativos entre a mocidade
A Xunta define o campamento “Arte nas mans” como exemplo da aposta pola atracción de talento mozo e a remuda xeracional na artesanía de Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou ao alumnado do campamento Arte nas mans: unha viaxe pola artesanía, unha proposta desenvolvida por primeira vez este ano e dirixida a persoas de entre 18 e 30 anos
A Xunta inviste máis de 45.000 euros nun curso de atención sociosanitaria para desempregados no concello de Cerdedo-Cotobade
O delegado territorial participou na entrega de diplomas e felicitou a todos os titulados
A Xunta destaca a colaboración público-privada como clave para fortalecer un ecosistema emprendedor que reteña talento e atraia novas iniciativas a Galicia
José González destacou o labor da entidade en eidos como a formación, a mentoría e o acompañamento a proxectos emprendedores, especialmente no apoio ás persoas que deciden desenvolver ou consolidar iniciativas empresariais no territorio galego
A Xunta promove en Viveiro a formación preventiva no sector forestal poñendo o foco no manexo seguro da motoserra e a rozadoira
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais asistiu á actividade promovida polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dirixida a profesionais do ámbito forestal e da silvicultura
A Xunta abre o prazo de solicitudes da nova convocatoria do Bono Talento Empresa dotada con 2 M€ para impulsar microformacións non regradas
Trátase da terceira edición destas axudas que promoven accións formativas non formais e de curta duración á carta das necesidades das empresas e dirixidas especificamente aos seus cadros de persoal, prevendo beneficiar a 1.500 persoas
A Xunta salienta as medidas a prol da remuda xeracional dos autónomos e o comercio para reforzar o seu papel no emprendemento ligado ao territorio
José González destacou o esforzo do Executivo autonómico por apoiar de forma transversal ás persoas autónomas, clave no tecido produtivo galego e no pulo de sectores absolutamente estratéxicos como o comercio
Lara Meneses destaca “a implicación de empresas de sectores punteiros” co Xuventude Mentoring
A directora xeral de Xuventude acompañou un grupo de 30 mozos e mozas participantes neste programa a unha visita ao centro de Mestrelab en Santiago
A Xunta lanza os novos programas integrados de emprego para potenciar as oportunidades laborais de 4.600 persoas e cubrir vacantes das empresas locais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria desta orde para concellos e entidades sen ánimo de lucro, buscando mellorar a empregabilidade dos usuarios, atender as necesidades do tecido produtivo e dos colectivos prioritarios