Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.423 novas da área temática Medio ambiente:

11/11/2025 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a instalación dunha planta de compostaxe de restos vexetais agrícolas e biorresiduos, en Meis

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

10/11/2025 | 15:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

Belén do Campo visitou o refuxio de animales municipal da Pobra mellorado grazas a unha achega da Xunta de máis de 63.000 € do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo

A delegada da Xunta explicou que a actuación permitiu crear espazos independentes e acondicionados para garantir o benestar dos animais e reforzar o control das poboacións asilvestradas no termo municipal

10/11/2025 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras o Carballo de Padroso, localizado en Xunqueira de Ambía

Con esta última incorporación, o catálogo suma xa no conxunto da Comunidade 205 elementos, entre árbores e formacións, pertencentes a 84 especies diferentes 

09/11/2025 | 13:25 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde protagoniza os premios Sanidad #PorElClima 2025

O Sergas foi recoñecido, na categoría de servizo autonómico en saúde, polo seu liderado no reto climático global coa Estratexia de Economía Circular

09/11/2025 | 09:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Friol colaborarán para poñer en servizo a finais deste ano o sistema de saneamento e depuración do núcleo de Roimil

Augas de Galicia comprométese a realizar unha achega de 16.026 € para que o concello execute as obras que dotarán de subministro eléctrico ás instalacións

08/11/2025 | 12:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 3,7 M€ o próximo ano a axudar aos concellos e formar á poboación para impulsar a recollida separada dos biorresiduos domésticos

Ángeles Vázquez avanza que antes de que remate o ano se convocarán todas as liñas de subvencións dirixidas a entidades locais para iniciativas relacionadas con residuos

07/11/2025 | 19:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Angeles Vázquez visita as actuacións desenvolvidas en Toques para o control da erosión e a mellora de infraestruturas nas zonas afectadas polos incendios

A Xunta actuou en preto de 11 quilómetros de pistas forestais do municipio co obxectivo de mellorar a seguridade dos núcleos de poboación

07/11/2025 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta que Galicia está á vangarda europea na valorización dos residuos da construción e demolición ao encadear varios anos con taxas do 100%

A conselleira pon en valor que a comunidade chega con varios anos de antelación ao obxectivo de valorizar todos refugallos do sector, fixado para o ano 2030

06/11/2025 | 15:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca fluvial en Galicia comezará o vindeiro 15 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo

As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para cada especie recollen as propostas realizadas polos consellos provinciais de pesca