Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

19/09/2026 | 10:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda lanza o terceiro episodio do seu podcast Galicia Calidade cunha entrevista ao xornalista Álex Fidalgo

Dá así continuidade ao proxecto tras conversar nos dous primeiros programas co pediatra Federico Martinón e coa triatleta e campioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio

19/09/2026 | 09:45 | C. de Sanidade

Sanidade promove o festival Dálle Xogo como espazo de lecer educativo e interxeracional sen pantallas

A iniciativa, apoiada pola Consellería de Sanidade, ofrecerá durante tres días actividades para todas as idades arredor dos xogos de mesa

19/09/2026 | 09:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca 1,2 M€ para contratar máis de 40 axentes de emprego a prol da inserción laboral das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión

Hoxe arranca o prazo de solicitude das axudas para financiar a contratación deste persoal en entidades sen ánimo de lucro de cara a que poida colaborar na implantación das políticas activas de emprego na nosa Comunidade

18/09/2026 | 21:38 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio do concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra

Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 460 hectáreas

18/09/2026 | 21:13 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros

O lume iniciouse ás 22,49 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 60 hectáreas

18/09/2026 | 20:32 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O comisario do Xacobeo 2027 reivindica a importancia dos estudos xacobeos para preservar a esencia e os valores do Camiño de Santiago

Convidou ao conxunto da Academia Xacobea a sumarse á programación cultural do Xacobeo 2027 achegando coñecemento, investigacións e experiencias

18/09/2026 | 20:21 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar

Villaverde destaca a Festa da Ameixa de Campelo como escaparate do marisqueo e da tradición mariñeira de Poio

A conselleira do Mar participou na inauguración da XXXVIII edición, a primeira desde a súa declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia

18/09/2026 | 20:09 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta remata a restauración da Casa de Don Álvaro coa que recupera un dos bens máis icónicos e significativos do concello de Lalín

López Campos salienta o compromiso do Goberno galego coa posta en valor deste inmoble “tras un investimento de máis de 1,2 M€”

18/09/2026 | 19:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que a reforma da Lei de Administración Local de Galicia permitirá adaptar a realidade das entidades locais aos retos actuais e futuros

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na clausura do encontro ‘Ideagov-Local. A participación local nos ingresos das Comunidades Autónomas e a reforma da Lalga’, onde incidiu en que a reforma é froito dun traballo amplo e rigoroso previo á elaboración para escoitar todas as visións do mundo local e dun proceso de escoita e diálogo durante a tramitación con máis de 500 achegas avaliadas

18/09/2026 | 18:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo puxo en valor a campaña de ‘Volta ao Cole’ no marco do apoio da Xunta ás accións de dinamización da asociación de empresarios de Ribeira

En colaboración coa campaña Com-pensa do Goberno galego entregaronse bolsas de tea na praza do Concello por cada billete presentado, ata fin de existencias