Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 725 novas da área temática Cooperación:

04/10/2024 | 14:35 | A Presidencia da Xunta

Ana Ortiz fai un chamamento á solidariedade da cidadanía viguesa para donar regalos na nova campaña ‘Cada neno un xoguete’

A delegada da Xunta participou na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 21.000 xogos entre os pequenos vigueses o pasado ano

01/10/2024 | 19:56 | C. do Mar

Alfonso Villares explora coa ministra de Pesca de Angola novas vías de colaboración para impulsar o sector marítimo-pesqueiro

O responsable autonómico deu continuidade á rolda de contactos iniciada no día de onte, e que continuará mañá, para establecer sinerxías que permitan dende o Goberno galego impulsar políticas tractoras que revertan no desenvolvemento económico da cadea mar-industria galega  

01/10/2024 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa un 8% a colaboración coa ONCE para atender ao alumnado con discapacidade visual

O conselleiro de Educación e o delegado territorial da ONCE asinan un convenio para a mellora da atención educativa do alumnado con cegueira ou deficiencia visual grave

29/09/2024 | 15:31 | C. do Mar

Cetmar colabora coa FAO na profesionalización do sector pesqueiro de São Tomé e Príncipe

O Centro Tecnolóxico do Mar traballará no recoñecemento das competencias profesionais dos pescadores e no deseño de dúas embarcacións adaptadas ás necesidades da pesca artesanal na zona

28/09/2024 | 11:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e Portugal avalían o borrador do Plan transfronteirizo da paisaxe do Baixo Miño para garantir a preservación deste espazo natural

O proxecto Green Gap para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal ten como obxectivo contribuír a que as administracións locais xoguen un papel máis relevante na promoción das infraestruturas verdes nesta área transfronteiriza 

28/09/2024 | 11:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o labor dos educadores sociais de Galicia na sensibilización respecto á diversidade

O director xeral de Inclusión Social asistiu á III Convivencia Universitaria e Profesional da Educación Social que se celebra esta fin de semana na Serra do Xurés

26/09/2024 | 16:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a solidez do modelo de coidados de Galicia, baseado na colaboración coas entidades, a universalidade e a proximidade

Puxo en valor a importancia deste encontro, que reuniu a unha decena de centros residenciais de Galicia e contou coa asistencia de 400 persoas

25/09/2024 | 11:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reúnese con empresarios do lecer nocturno de Lugo para a súa adhesión ao protocolo contra violencias sexuais e LGBTIfóbicas

O director xeral de Loita contra Violencia de Xénero e o delegado territorial da Xunta en Lugo reuníronse con responsables do sector

24/09/2024 | 17:14 | A Presidencia da Xunta

Galicia reivindica no Comité das Rexións a necesidade de afrontar a migración dende o marco europeo

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou nunha sesión da Comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións (CdR) na que se aprobou un ditame sobre o papel das rexións e das cidades na estratexia comunitaria con África