Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 739 novas da área temática i+D+i:

26/09/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta destaca a aposta de Conservas Cerqueira pola innovación coa nova planta de transformación de produtos do mar no concello de Rianxo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na inauguración do novo centro de produción operativo desde xullo que prevé dar emprego a 250 persoas e no que a Xunta colaborou con axudas por valor de case 12 M€

25/09/2023 | 16:52 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo de Albo por converterse en referente mundial coa aplicación de novas tecnoloxías no sector conserveiro

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá con varios dos membros do comité de dirección da conserveira para avaliar os proxectos que se están a desenvolver

20/09/2023 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa en Biscaia na reunión de lanzamento do proxecto que Galicia, Madrid e País Vasco desenvolven no marco do Retech

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu ao encontro para avanzar neste programa que pretende mellorar a competitividade industrial mediante a intelixencia artificial

19/09/2023 | 15:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia achega a innovación ás entidades do sector social

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, beneficiaria dun Bono de Innovación para poñer en marcha o servizo ‘EstimulaTIC’

17/09/2023 | 10:37 | C. de Economía e Industria

Continúa aberta a convocatoria da Xunta dos IV Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), son un recoñecemento ao esforzo e traxectoria de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social de Galicia a través da innovación e o deseño

15/09/2023 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta un novo programa para apoiar grandes proxectos de I+D+i con potencial transformador sobre a economía e sociedade galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá o proceso participativo de identificación das Misións RIS3, no que participarán empresas, centros de coñecemento, Administración e sociedade
 

13/09/2023 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta de CLUN por investir en I+D+i e por modernizar as súas plantas

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente e máis co director da cooperativa para coñecer os seus plans de crecemento

12/09/2023 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta empregará a compra pública de innovación no sector da enerxía e a industria para impulsar o hidróxeno verde e as renovables mariñas

Este programa vai enfocado a impulsar a actual plataforma experimental de Punta Langosteira e ao desenvolvemento de solucións innovadoras ao redor da cadea de valor do hidróxeno verde

11/09/2023 | 13:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta o impulso ao hidróxeno renovable en Galicia a través da colaboración público-privada

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na sinatura do convenio entre o proxecto Julio Verne do Porto de Vigo e a Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes)

07/09/2023 | 15:35 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o Plan Reforza da Investigación universitaria con 19 M€ para contratar cen tecnólogos de apoio ao labor científico

Rueda asegura que esta pioneira iniciativa se enmarca “na clara aposta” do Goberno autonómico polo I+D