Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

18/09/2026 | 18:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que os asistentes ao Caudal Fest teñen á súa disposición o punto lila e arcoíris para sensibilizar, asesorar e acompañar

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, agradeceu o labor do persoal deste servizo que estivo presente nos principais festivais de música galegos

18/09/2026 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove o coñecemento e a participación das persoas xordas e xordo-cegas nas actividades de divulgación do patrimonio natural galego

Marisol Díaz lembra que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático leva anos colaborando coa FAPXG para a posta en marcha diferentes accións, como a organización de visitas guiadas con intérpretes de lingua de signos

18/09/2026 | 17:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola colaboración coa Embaixada de España no Uruguai para avanzar na resposta ás necesidades da colectividade galega no país

O secretario xeral da Emigración, acompañado pola delegada da Xunta no Uruguai, reuniuse hoxe na Embaixada de España co Cónsul Xeral de España no Uruguai e co ministro conselleiro da Embaixada de España

18/09/2026 | 16:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as cualidades de Galicia para liderar o despregamento das enerxías mariñas

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visita na localidade portuguesa de Viana do Castelo, o convertedor de enerxía das ondas que obtén o primeiro certificado de prototipo a nivel mundial, o CorPower Ocean

18/09/2026 | 15:26 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca como imprescindible o sector TIC por ser a infraestrutura que permite á industria innovar

Sinala a súa importancia dentro da Estratexia de Seguridade, Defensa e Aeroespazo (Iesda), posto que se trata de transferir toda esa innovación civil cara a aplicacións de seguridade e defensa, di

18/09/2026 | 15:23 | C. do Medio Rural

María José Gómez enxalza o traballo do sector queixeiro galego na súa aposta pola calidade e por xerar valor engadido na comunidade

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos Premios Cincho Awards 2026, no marco da feira Fromago Cheese Experience, que recoñeceron a excelencia de catro queixos galegos

18/09/2026 | 15:22 | C. de Política Social e Igualdade

O delegado da Xunta en Lugo destaca que a nova residencia de maiores do Corgo reforzará os servizos asistenciais e creará emprego na zona

Alfonso Villares participou na Festa do Avó, onde apuntou que este concello foi un dos seleccionados para albergar un centro dotado con máis de 100 prazas

18/09/2026 | 15:16 | C. de Sanidade

A Xunta activa para mañá sábado alerta amarela por episodio de calor no interior de Pontevedra

As previsións de MeteoGalicia indican que a partir de mañá sábado as altas presións localizaranse ao norte da península Ibérica, onde quedarán estacionarias polo menos ata o vindeiro mércores

18/09/2026 | 15:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia lidera as solicitudes presentadas en Europa para participar en proxectos de I+D+I interrexionais

A nosa Comunidade é a que máis propostas presentou á alianza europea Vanguard Initiative, un total de 19, seguida de Gales, con 18, e o Norte de Portugal, con 14