Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.456 novas da área temática Sanidade:

08/02/2026 | 11:07 | C. de Sanidade

A plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso da Xunta, recoñecida cun premio estatal de investigación polo seu impacto no benestar emocional

Resultou premiada no ámbito da investigación sanitaria ao formar parte do proxecto galardoado no ámbito comunitario e social dos Premios de Investigación do Consello Xeral de Enfermería

06/02/2026 | 14:06 | C. de Sanidade
06/02/2026 | 13:58 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o envío de SMS na área sanitaria de Santiago e Barbanza para convidar a participar no proxecto Xenoma Galicia

Realízanse os convites de forma aleatoria co obxectivo de chegar a 828 participantes da área sanitaria

06/02/2026 | 12:53 | C. de Sanidade

Galicia e Cataluña intercambian experiencias sobre as necesidades da atención primaria e o desafío do déficit de profesionais

Os responsables sanitarios de ambas as comunidades compartiron proxectos, retos e experiencias para acadar a optimización do primeiro nivel asistencial

06/02/2026 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta de Galicia certifica o bo estado das instalacións do IES de Beade e confirma a presenza de chumbo na auga das acometidas exteriores municipais

As mostras recollidas esta mesma semana por Saúde Pública ratifican que a acometida do centro escolar non presenta metais por enriba dos límites establecidos pola normativa

05/02/2026 | 20:47 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña o traballo para engrandecer a sanidade pública con melloras que perciban profesionais e pacientes pese ao déficit de facultativos e das folgas do Estatuto Marco

Salienta que Galicia contará este ano co maior orzamento sanitario da súa historia e destaca a posición de vangarda que a comunidade acadará coa posta en marcha do Centro de Protonterapia

05/02/2026 | 18:39 | C. de Sanidade

Cataluña interésase polos proxectos punteiros da sanidade galega de protonterapia e xenoma

Galicia será a primeira comunidade en ofrecer terapia de protóns a pacientes de cancro na sanidade pública, a través dun proxecto financiado pola Fundación Amancio Ortega no que tamén participa Cataluña

05/02/2026 | 14:14 | C. de Sanidade

A Rede Galega de Promoción da Saúde, recoñecida co premio de investigación Manuel Piñeiro

O responsable da Rede, Xermán Bugallo, acada o premio da Fundación Manuel Piñeiro e da Fundación Hipocrática do Colexio Oficial de Médicos da Coruña por un proxecto de promoción da actividade física e bos hábitos nutricionais en maiores

05/02/2026 | 13:15 | C. de Sanidade

A Xunta publica a orde de axudas destinada a financiar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais de drogodependencias

Destínase preto de 270.000 euros a apoiar as persoas que seguen un tratamento de deshabituación de trastornos adictivos co fin de facilitar a súa integración social e promover unha vida autónoma desde un ámbito residencial