Actualidade
Buscador de novas
Valentín García participa na gala dos XX edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e do certame audiovisual REC.curta
Máis de 3.000 alumnos e alumnas decidiron cos seus votos as obras gañadoras dos galardóns literarios
O equipo de ‘As Neves’ regresa á Fonsagrada para a preestrea desta longa rodada en Galicia cunha das axudas da Xunta á produción audiovisual
Coproducida por Cósmica Producións e Aquí y Allí Films, a película contou cunha subvención autonómica de 260.000 euros, ademais de ter sido apoiada durante a súa fase previa de desenvolvemento
Galicia recibe a estudantes do programa de promoción do galego en territorios de Castela e León
O alumnado de primaria, secundaria e bacharelato pasa uns días no Albergue Xuvenil As Sinas participando en iniciativas de lecer e culturais que lle permitirán pór en práctica a súa competencia lingüística en galego
López Campos salienta o exemplo para as xeracións máis novas do compromiso de Luísa Villalta coa terra, a lingua e a cultura
A mostra Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar foi distinguida pola súa “creatividade, beleza estética, carácter integrador e inclusivo”, xa que emprega códigos QR que levan á linguaxe de signos, á biografía en pictogramas ou á linguaxe Braille
A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a XII edición do Certame de Microrrelatos para conmemorar as letras galegas entre a toda a sociedade
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participa na presentación desta iniciativa que homenaxea a figura de Luísa Villalta e promove a lectura en galego
A X Xornada do Día das Letras Galegas achégalle a figura de Luisa Villalta ao profesorado encargado de divulgar a súa obra entre a rapazada
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participa na apertura desta sesión formativa que contará co relatorio de varios expertos na autora coruñesa
A Cidade da Cultura reúne representantes dunha vintena de linguas minoritarias para traballar na promoción da diversidade lingüística en Europa
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa na apertura da asemblea xeral da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), que se desenvolve no Gaiás durante todo o día e rematará cunha visita ao Concello de Santiago
O protocolo de colaboración en materia de política lingüística elixe de novo Santiago para celebrar a súa reunión anual
Os representantes de Galicia, País Vasco, Illas Baleares, Navarra, Cataluña e a Comunidade Valenciana xúntanse na capital galega para facer un seguimento e coordinar accións conxuntas arredor das linguas cooficiais do Estado
A Xunta e a Real Academia Galega renovan o convenio de colaboración para a utilización das instalacións da Cidade da Cultura
Desde o ano 2014 traballan diariamente no Gaiás os Seminarios de Lexicografía, Onomástica e Sociolingüística da Academia