Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.424 novas da área temática Medio ambiente:

20/10/2025 | 16:14 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa concedeu 42 axudas por un importe de 2,9 M€ para propietarios das vivendas afectadas pola vaga de lumes do verán

Salienta a resolución doutras 10 achegas para negocios ou empresas afectadas por valor de 280.000 € e 36 para a recuperación de Tecores e espazos naturais protexidos

18/10/2025 | 12:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará o próximo ano 25,4 M€ a actuacións que mellorarán a calidade das augas na ría de Arousa

Entre as principais actuacións en marcha ou a punto de licitarse na zona destacan a mellora do saneamento de Vilanova-Cambados, que contará con 2 M€ para 2026, e as obras destinadas a optimizar o servizo de depuración de Vilagarcía, con 1,1 M€

17/10/2025 | 18:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo foco de gripe aviaria en aves silvestres en Moaña

Corresponde a un exemplar de gaivota patiamarela (Larus michahellis) recollida no concello pontevedrés de Moaña e trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático de Cerdedo-Cotobade

17/10/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta declara a emerxencia cinexética temporal en 38 comarcas para controlar a poboación do xabaril

A medida, que afecta a 254 concellos e abrangue o 83% da superficie galega, entrará en vigor este sábado e manterase ata o 22 de febreiro de 2026

16/10/2025 | 18:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste 93.000 euros na mellora do punto limpo da Estrada

Esta liña de axudas beneficiou a un total de 24 concellos da provincia de Pontevedra, tres deles da comarca do Deza-Tabeirós

16/10/2025 | 13:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a xestión sostible dos residuos eléctricos e electrónicos ofrece unha oportunidade de negocio e emprego verde para as empresas galegas

Ángeles Vázquez subliña que a actividade dos xestores privados que asumen a reciclaxe e a reutilización dos RAEE demostra que a economía circular é unha realidade en Galicia

15/10/2025 | 17:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia insta ao Goberno central a desbloquear os fondos para paliar e previr os danos causados polo lobo e a convocar xa a Conferencia sectorial de medio ambiente

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, trasladou esta demanda ante a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade

15/10/2025 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza nos traballos para elaborar a nova estratexia para consolidar a paisaxe galega como recurso estratéxico no desenvolvemento territorial

Reforzarase o seu enfoque transversal e integrador, promovendo a coordinación entre os distintos departamentos da Xunta e fomentando a participación activa dos axentes sociais, económicos, institucionais e da cidadanía

15/10/2025 | 13:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para ampliar unha explotación de áridos en Ponteareas

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a actuación é ambientalmente viable sempre que se cumpran as condicións e o programa de vixilancia ambiental que figuran na propia resolución e na documentación avaliada

14/10/2025 | 16:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta atende no Veral un exemplar de voitre negro para o seu reingreso ao seu hábitat natural

A ave, rescatada en estado moi feble no feiral do San Froilán, en Lugo, ten aproximadamente un ano de vida, é  dunha especie non habitual en Galicia e presenta unha evolución favorable