Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 303 novas da área temática Inclusión:

03/06/2026 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amosa o seu compromiso coa promoción da igualdade das mulleres xitanas

O Goberno galego segue a premisa de que o crecemento da comunidade ten que producirse de forma inclusiva

02/06/2026 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas renovan a súa colaboración para mellorar a accesibilidade aos espazos naturais e poñer en marcha accións de voluntariado ambiental inclusivo

Ángeles Vázquez incide en que ambas institucións levan xa seis anos traballando da man para avanzar na supresión de barreiras comunicativas e favorecer a integración das persoas xordas e xordo-cegas a través de distintas iniciativas nestas áreas

26/05/2026 | 12:50 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo destaca o importante papel que xoga o deporte para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade

O delegado territorial gabou esta iniciativa que reforza o traballo da Xunta en prol do deporte adaptado e inclusivo como demostra o Programa Xogade que xunta a oferta deportiva federada e escolar para os rapaces entre 6 e 16 anos e que garante a participación de todas as persoas con diversidade funcional

25/05/2026 | 14:50 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia o novo Plan para o impulso da atención á diversidade que inclúe o reforzo e consolidación de 400 especialistas de apoio

Salienta que este Plan, que entrará en vigor o vindeiro curso, contará “cun orzamento de 118 M€” ata 2030

23/05/2026 | 11:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a traxectoria de Asperga, que suma dúas décadas de atención en Galicia ás persoas con TEA e de apoio ás súas familias

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, trasladou o compromiso do Goberno galego de ofrecer unha atención integral e desde a infancia ata a vida adulta no ámbito da discapacidade

22/05/2026 | 16:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste máis de 255.000 euros na mellora e ampliación do centro de día da entidade Aspaber, que duplica as súas prazas ata chegar ás 70

A conselleira felicita á entidade pola súa traxectoria e desexoulle “outros 50 anos máis de compromiso, entrega e traballo” en favor das persoas con discapacidade e das súas familias

22/05/2026 | 12:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga por crear redes de colaboración coas entidades e o tecido empresarial para favorecer a inclusión das persoas máis vulnerables

Galicia conta cun plan e unha estratexia autonómica para loitar contra a pobreza e a exclusión social, ambos con horizonte 2030