Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 189 novas da área temática Auga:

11/12/2023 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de saneamento e depuración na contorna do edificio Casa de Baño do concello de Bande

Augas de Galicia vén de entregarlle estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

29/11/2023 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 318.000 euros as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, en Oia

Os traballos teñen un prazo de execución de 6 meses e buscan incrementar a sección hidráulica na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión

26/11/2023 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Catasol, no concello de Melide

Estes traballos céntranse na roza selectiva puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

18/11/2023 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello dos Blancos para mellorar as instalacións de depuración municipais

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará integramente as actuacións recollidas no acordo, cun investimento que ascende a case 48.000 €

17/11/2023 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
16/11/2023 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o servizo de explotación e mantemento da rede de estacións de seguimento dos niveis de caudais dos ríos da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

A Plataforma de contratos de Galicia recolle a licitación dos traballos, cun orzamento total de preto de 3,3 M€ para un prazo de execución de 5 anos

09/11/2023 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras que completan a rede de saneamento do concello de Irixoa e que supuxeron un investimento de 310.000 €

Ampliouse a rede municipal para dar servizo a todos os núcleos da parroquia, executándose 5 ramais en tubaxe para conducir as augas residuais á depuradora

06/11/2023 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta, Acuaes e os concellos fixan como obxectivo 2024 para contar cunha nova concesión de auga e un modelo de xestión supramunicipal do abastecemento de Pontevedra

Os concellos de Bueu, Marín, Poio, Ponte Caldelas e Vilaboa aprobaron xa nos plenos municipais os acordos para impulsar a creación do novo ente, mentres que Pontevedra se comprometeu a realizar o trámite neste mes de novembro

03/11/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o novo emisario submarino da depuradora dos Praceres e completa as obras que permitiron superar a contaminación da ría de Pontevedra

A auga tratada na depuradora dos Praceres xa é conducida á ría a través do novo emisario, un fito que permitirá acadar obxectivos ambiciosos de calidade das augas

01/11/2023 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de impermeabilización do depósito do tanque de tormentas do Porto deportivo de Pontedeume

Este contrato, adxudicado por preto de 48.000 €, ten como obxectivo optimizar o funcionamento da depuradora de Centroña