Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mobilizará en 2026 preto de 41 M€ a prol das persoas autónomas e apela ao Goberno a reducir cargas e xerar máis seguridade xurídica no colectivo
González destacou que as últimas medidas do Executivo estatal complican o labor diario de pemes e autónomos, que representan o 99,8 % do tecido produtivo galego, ao incrementar trabas e xerar incerteza normativa
A Fundación Artesanía de Galicia e o torneiro tomiñés Aitor Martínez resultan gañadores nos Premios Nacionais de Artesanía 2025
O torneiro Aitor Martínez acadou o Premio Produto pola súa colección Mundos e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o Premio Promociona Entidades Públicas polo seu proxecto pioneiro en España Artesanía no Prato
A Xunta destaca o papel a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía dentro da colaboración público-privada polo emprendemento e o emprego
José González puxo de relevo a aposta da Cámara pontevedresa pola formación en beneficio das persoas desempregadas ou do comercio local, así como a súa implicación á hora de brindar oportunidades profesionais ás novas xeracións
A Xunta salienta a futura Estratexia de emprendemento e a orde única de axudas dotada de 41 M€ como piares do apoio ao traballo autónomo en 2026
José González pon en valor o peso deste colectivo no mercado laboral galego, con máis de 212.300 afiliados, o que sitúa Galicia como a terceira comunidade con maior proporción de emprego por conta propia, case catro puntos por riba da media estatal
A Xunta pon de relevo os 10 anos que cumpre o programa ‘Galicia Camiño Emprendedor’ co gallo de darlle un pulo ao traballo por conta propia
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais percorreu hoxe parte da última etapa da edición de 2025 desta iniciativa autonómica de mentorización, que concluíu cun acto en Santiago de Compostela para conmemorar o seu décimo aniversario
O padroado do Ifevi aproba por unanimidade a constitución dunha comisión de traballo de carácter técnico para deseñar o plan funcional e o estratéxico
No marco da folla de ruta para o impulso do recinto feiral, agora o seguinte paso será a designación dos representantes que integrarán este grupo por parte de cada unha das entidades participantes
A Xunta amplía un 30 % o orzamento das axudas de 2025 para impulsar o autoemprego das persoas retornadas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este aumento ata os 1,3 M€ no marco dunha convocatoria á que se presentaron preto de 200 solicitudes este ano
A Xunta sela cos sindicatos e a patronal do ensino concertado o acordo para a xubilación parcial
O conselleiro Román Rodríguez salienta que é un acordo “xusto e pertinente” e reitera o compromiso da Xunta coa mellora das condicións do conxunto do profesorado