Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca nun obradoiro do polo de emprendemento de Coristanco as posibilidades das novas tecnoloxías no ámbito rural
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na apertura da xornada, onde puxo de relevo que o Polo coristanqués leva atendido máis de 200 proxectos, un 56% deles impulsados por mulleres
Preto de 49.000 persoas beneficiáronse xa en Galicia das actuacións cofinanciadas polo fondo social europeo FSE+
O 53% das persoas beneficiadas son mulleres
A Xunta avanza da man dos principais sectores produtivos no reto de abordar a cobertura das vacantes laborais e a captación de talento
José González puxo en valor o esforzo conxunto público-privado que supoñen estas xornadas para abordar en común co tecido produtivo un reto de tanto calado como é o de dar resposta á demanda de man de obra que precisan
Bota a andar o Plan anual de formación do profesorado dotado con 132.531 prazas, un 7,5 % máis
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP inaugura o programa cunha actividade destinada á xestión de centros educativos
Galicia participa no XVII Cumio COTEC Europa sobre soberanía tecnolóxica nas Palmas presidido polo Rei Felipe VI
O foro trilateral España-Portugal-Italia reúne na illa de Gran Canaria a empresas, académicos e autoridades dos tres países para debater sobre a importancia da tecnoloxía e o seu impacto na economía, na sociedade e nas políticas de innovación
Ana Ortiz destaca os avances do proxecto pioneiro de arraigamento para a formación co gallo de facilitar a integración laboral de migrantes
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na presentación do III Encontro Empresas con Corazón organizado por Cáritas Diocesana
Máis dun milleiro de persoas participan mañá na proba de coñecementos do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 32 concellos
Os aspirantes realizarán este primeiro exercicio da oposición no recinto feiral de Silleda e, a continuación, as persoas non exentas someteranse ao segundo exercicio correspondente á proba de lingua galega
Fabiola García inaugura o máster da Universidade de Vigo que formará aos profesionais do sistema de protección de menores
A conselleira de Política Social e Igualdade e o reitor da Universidade de Vigo abriron o curso académico do Máster universitario en menores en situación de desprotección e conflito social
Villares resalta a importancia da formación dos profesionais vinculados ao sector marítimo-pesqueiro
O conselleiro do Mar visitou o Centro de Formación A Aixola en Marín, que acaba de iniciar un novo curso, e que desde 1997 ven formando aos colectivos da pesca que buscan capacitarse noutros oficios do mar