A Xunta inviste 60.000 euros nas obras de mellora de eficiencia enerxética da escola infantil pública autonómica de Vite
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe a escola infantil de Vite, pertencente á rede pública autonómica, na que se realizaron obras por importe de 60.000 euros. En concreto, leváronse a cabo actuacións orientadas á mellora da eficiencia enerxética do centro, incluíndo a renovación integral das cubertas.
Fabiola García sinalou que nos últimos anos acometéronse neste centro diversas obras que permitiron reformar as instalacións interiores e exteriores da escola infantil. Concretamente, a Xunta de Galicia investiu preto de 130.000 euros na mellora deste recurso público.
Ademais, lembrou que esta escola infantil incorporouse en 2024 á rede de comedores escolares km 0 de Galicia. Este programa, da Xunta de Galicia, promove o uso de produtos agroalimentarios galegos con sede de calidade nos comedores escolares.