Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.803 novas da área temática Turismo:

11/06/2025 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca a identidade e a tradición do Ribadeo Indiano como reclamo turístico do destino

O director de Turismo de Galicia presentou esta tarde a décima edición da cita que terá lugar do 11 ao 13 de xullo

11/06/2025 | 16:36 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta licitará a finais deste verán as obras de mellora da Torre de Hércules por preto de 1 M€

O director de Turismo de Galicia visitou a contorna deste Ben de Interese Cultural (BIC) no que se realizará a actuación financiada con fondos Next Generation

11/06/2025 | 16:22 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia leva o concerto de Carlos Núñez ao Santuario das Ermidas da man dos Concertos do Xacobeo

O artista actuará no Adro do Santuario no concello do Bolo o xoves, 17 de xullo, contra ás 20.00 horas, co apoio da Xunta de Galicia

10/06/2025 | 14:00 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O Son do Camiño a punto para a súa celebración desde este xoves no marco dos Concertos do Xacobeo

O director de Turismo de Galicia, xunto coa directora xeral de Promoción da Igualdade,  visitou esta mañá o recinto do Monte do Gozo durante a montaxe dun evento que prevé unha participación de máis de 100.000 persoas

09/06/2025 | 16:31 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia apoia a primeira edición do festival ‘Entre Covas’ que combina arte, cultura vitivinícola e gastronomía en Valdeorras

O director de Turismo de Galicia participou na presentación da programación que se desenvolverá nos meses de xuño a agosto nos concellos de Larouco, A Rúa e O Barco

09/06/2025 | 15:08 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta lanza en xullo unha nova convocatoria de bonos turísticos para mobilizar este outono 2,5 M€ no sector

O presidente destaca que van habilitarse máis de 16.000 cofinanciados pola Administración autonómica que se poderán descargar previsiblemente a mediados do mes que vén para viaxar entre setembro e decembro

08/06/2025 | 10:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre o prazo o vindeiro mércores das axudas de 500.000 € para as Festas de Interese Turístico

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente a nova convocatoria coa que Turismo de Galicia apoiará con 4.000 euros cada festividade beneficiaria

07/06/2025 | 11:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta as novidades da proposta turística de Galicia en Turexpo 2025 e no mercado polaco

En Silleda, Turismo de Galicia promove o turismo interno na comunidade ao tempo que favorece as relacións con outros axentes do sector

07/06/2025 | 11:16 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo pon a Ourense como exemplo de destino de calidade adaptado á demanda dos novos modelos turísticos

O delegado territorial salientou que se trata dunha experiencia idónea para desfrutar dun turismo tranquilo e adaptado perfectamente ao novo modelo turístico demandado polos viaxeiros na actualidade

06/06/2025 | 19:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza na sinalización internacional do Camiño e na promoción do destino na maior feira turística de América Latina

O director de Turismo de Galicia mantivo en Porto Alegre unha reunión coa directiva da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Río Grande do Sul