Actualidade
Buscador de novas
A Xunta inicia este fin de semana en Vilalba a nova quenda da convocatoria dos cursos gratuítos de condución segura de motos
Nesta segunda convocatoria do 2026 celebraranse 4 cursos, que se impartirán, mañá, 12 de setembro no concello de Vilalba, o día 19 no de Vilaboa, e os días 26 e 27 de setembro en Curtis
A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía
As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago
Gómez Caamaño destaca o investimento de máis de 1,7 M€ na nova resonancia móbil con base no Meixoeiro, a primeira deste modelo avanzado na sanidade pública española
O novo equipamento incorpora intelixencia artificial aplicada ao posicionamento e reconstrución das imaxes para favorecer a súa calidade e axilizar procesos
A Xunta impulsa coas feiras do Brasil o interese no Retorna Cualifica Emprego no que xa se ofertan máis de 750 vacantes á comunidade galega do exterior
José González destaca que a estas citas celebradas o pasado mes de xuño en São Paulo e Salvador de Bahía asistiron en total preto de 2.400 persoas que puideron coñecer as oportunidades de retorno a Galicia
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 3,1M€ na cidade de Santiago de Compostela para formar a máis de 1.000 persoas sen emprego nos ámbitos máis demandados polas empresas
A delegada da Xunta visitou hoxe no Dobao Imagen S.L ao alumnado do Salón de Peiteado unha das tres Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD) que contaron cunha achega do Goberno galego de máis de 157.000 euros
A Xunta oficializa coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia o proxecto para mellorar a seguridade dos peregrinos no Camiño Fisterra-Muxía
No marco do Plan de Seguridade Viaria dos Camiños de Santiago, realizaranse traballos de segregación en once tramos deste itinerario coincidentes con estradas e renovarase unha senda xa existente
A Xunta impulsa a renovación integral das instalacións de Acea de Ama para convertelo nun complexo deportivo de referencia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comproba o resultado da primeira fase do proxecto de modernización
A Xunta destaca que Galicia reúne as condicións e o talento para liderar a revolución do hidróxeno verde no sur de Europa
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou na V Xornada sobre o Hidróxeno Verde en Galicia organizada por Cluergal en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
A Xunta e a USC abren a segunda residencia ArtLab IGFAE para proxectos que conecten arte e física
A iniciativa tende pontes entre a investigación punteira do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e a creación contemporánea galega