Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.590 novas:

11/09/2026 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación anima á matriculación na Formación Profesional, que multiplica por dous o número de solicitudes en novidades como a FP Acelerada

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visitou o CIFP A Xunqueira, onde coñeceu de primeira man a experiencia do alumnado do novo ciclo de Acelerada de Preparación, protección e embelecemento de superficies de carrozarías

11/09/2026 | 15:28 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 130.000 € a renovación integral da produción de climatización do centro de saúde de Monforte de Lemos

Substituiranse as tres unidades exteriores por novos equipos de alta frecuencia enerxética e modernizaranse as instalacións

11/09/2026 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a histórica conexión entre Drogheda e Galicia coa inauguración da primeira mouteira xacobea en Irlanda

O comisario do Xacobeo 2027 resaltou a instalación deste fito na cidade irlandesa de Drogheda como forma de recuperar a súa memoria histórica como antigo punto de saída de peregrinos cara a Galicia

11/09/2026 | 14:48 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o éxito da formación agraria en Galicia con 614 persoas matriculadas nos CFEA, un 10 % máis que no curso anterior

A conselleira do Medio Rural deu a benvida ao alumnado que comeza este novo curso no CFEA Pedro Murias de Ribadeo, cun 73 % máis de matriculacións nos seus ciclos, entre os que destaca o novo de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal

11/09/2026 | 14:47 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que o desenvolvemento de preto de 12 millóns de metros cadrados de novo solo industrial ata 2030 permitirá ampliar e atraer novas empresas

Salienta que suporá poñer a disposición nos próximos anos máis superficie que a que se habilitou desde a creación de Xestur, a mediados dos 80

11/09/2026 | 14:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o éxito da nova edición dos campamentos de verán para persoas con discapacidade

Puxéronse a disposición das familias un total de 250 prazas, repartidas entre as Residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón, e o albergue xuvenil de Gandarío

11/09/2026 | 14:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta mellora a seguridade en once tramos do Camiño Fisterra-Muxía afastando os peregrinos da rede de estradas e renova unha senda xa existente

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación definitiva do proxecto de trazado dos tramos comúns deste itinerario xacobeo

11/09/2026 | 13:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta renova a cuberta da igrexa de San Xurxo de Lourenzá cun investimento de 122.500 euros

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, sinalou que as obras están practicamente rematadas e servirán para atallar os problemas de humidade no templo

11/09/2026 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para transformar en 14 vivendas públicas na entre planta dun inmoble autonómico no concello de Narón

Esta actuación, cun investimento de 1,6 M€, permitirá transformar en fogares locais inicialmente estaban previstos para oficinas e que estaban sen uso

11/09/2026 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a aposta do mercado ‘Artesanamente’ pola Artesanía de Galicia e a gastronomía

O director de Comercio e Consumo participou esta mañá na presentación da segunda edición desta cita, que terá lugar en Santiago os días 18, 19 e 20 de setembro, con 24 expositores de Artesanía de Galicia e 16 de Artesanía Alimentaria