Actualidade
Buscador de novas
O Parque Nacional das Illas Atlánticas recolle preto de 8.400 sementes autóctonas para consolidar a restauración dos hábitats insulares
A recollida de sementes constitúe unha das fases máis importantes do proceso de recuperación, xa que permite dispoñer de material xenético adaptado ás condicións ambientais das propias illas
A Xunta respalda a IV edición de “O Mar en Tapas” na Illa de Arousa para promover o consumo da ameixa roxa e das algas autóctonas
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou na presentación desta ruta gastronómica impulsada pola OPP-20 e a Confraría de Pescadores
A Xunta celebra a edición mensual de ‘Artesanía de Galicia en Merza’ dentro da Eferro Foliada
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe no obradoiro de Eferro a edición de setembro do evento impulsado polo Goberno galego en colaboración coa zoqueira artesá Elena Ferro
A Xunta realiza aos concellos o pago do incremento do financiamento do Servizo de Axuda no Fogar
Este abono ten carácter retroactivo desde o pasado día 1 de xaneiro
A Xunta mantén aberta a liña de préstamos de 2 M€ para facilitar ás adegas galegas a compra de uva nesta campaña
Desde a apertura do prazo, o 5 de agosto, xa se rexistraron máis dunha decena de solicitudes por unha operación financeira total de 3,62 M€
A conselleira Allegue destaca que a nova pasarela peonil en Cudeiro, en Ourense, facilita unha mobilidade máis segura e sostible para a veciñanza
Allegue subliñou que a Xunta investiu máis de 435.000€ nesta pasarela peonil de 54 metros de lonxitude na OU-150, paralela á ponte sobre o rego Val dos Gozos
A Xunta adxudica unha intervención na fachada da capela do Rosario do Mosteiro de Sobrado por 48.000€
A actuación céntrase na restauración de tres columnas que presentan varias fisuras con risco de desprendemento
A Xunta celebra unha xornada informativa sobre as axudas para actuacións de eficiencia enerxética en establecementos turísticos
As subvencións están dotadas cun orzamento de 9 millóns de euros e teñen carácter bianual
O Servizo Galego de Saúde presenta na cidade de Stuttgart o modelo galego de seguimento domiciliario de pacientes crónicos Telea
O encontro reuniu a representantes de diferentes países europeos para compartir coñecemento e experiencias sobre a transformación da atención primaria