Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebra que Galicia sexa a sede da saída oficial da vindeira edición de La Vuelta no marco da programación do Xacobeo 2027
Marcos Gómez Román destacou o valor deste evento deportivo como escaparate internacional para a promoción da celebración do vindeiro Ano Santo
A Xunta participa por primeira vez en Orticolario, a feira de referencia europea en xardiñaría e paisaxismo
A presenza institucional será a través dun espazo inmersivo que recrea un pazo galego recuperado pola vexetación
A Consellería de Sanidade participa nas xornadas europeas Praise-U+ para avanzar na detección precoz do cancro de próstata
Baseado na evidencia científica, o proxecto procura a avaliación de resultados e a identificación das estratexias máis eficientes para a súa futura implantación a nivel europeo
A Aixola inicia un novo ciclo de cursos con seis formacións vinculadas ao ámbito marítimo-pesqueiro
O centro de formación impartirá nos vindeiros meses e de forma gratuíta máis de 1.300 horas lectivas e ofertará 68 prazas en diferentes modalidades formativas
A Xunta recibe 15 ofertas para executar as obras da rolda leste de Ourense, entre Bemposta e a estrada N-525, que suporá un investimento de 12,7 M€
A estrada, de 1,5km, discorrerá polos concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas e os traballos terán un prazo de execución de 30 meses
A Xunta colabora con 13 galerías de arte para que participen en feiras internacionais
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da convocatoria pola que se apoia a asistencia destas entidades a encontros en cidades como París, Miami, Basilea, Londres ou Cidade do Cabo
Galicia pechou o mes de xuño como a Comunidade que máis rápido paga aos seus provedores, 8 días antes que a media
O período medio de pago de Galicia no mes de xuño situouse en 15,3 días, máis de 14 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal
A Xunta agradece o labor do tecido social no apoio ás mulleres en situación de vulnerabilidade
Eloína Ingerto destacou o traballo de entidades como Fademur que axuda a máis dunha trintena de persoas con iniciativas e programas de atención e acompañamento
A Xunta organiza en Chantada unhas xornadas sobre os oficios artesanais ligados á construción tradicional
A Fundación Artesanía de Galicia organiza o encontro Oficio, arquitectura e territorio, que se celebrará os días 26 e 27 de setembro e co que se busca vincular a arquitectura co territorio e coa artesanía contemporánea
María José Gómez salienta a importancia do sector dos ovos en Galicia cunha produción de máis de 56 millóns de ducias anuais
A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á celebración da IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía no concello de Castro de Rei