Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.600 novas:

12/09/2026 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a consolidación do ‘MercaEdillo’ como foco de atracción comercial en Carballo

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a iniciativa apoiada polo Goberno galego que nesta edición se prolonga do venres ao domingo

12/09/2026 | 11:01 | C. de Facenda e Administración Pública
12/09/2026 | 11:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Oficios Vivos percorrerá unha vintena de concellos galegos entre setembro e outubro

O novo programa de voluntariado interxeracional da Xunta de Galicia busca poñer en valor o coñecemento das persoas maiores sobre os traballos tradicionais

12/09/2026 | 10:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que o sistema educativo público galego conta xa con 32.712 docentes, 956 máis que o curso pasado

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP salienta nunha entrevista na Radio Galega que esta cifra récord se produce malia á redución de alumnos derivada da caída da natalidade

12/09/2026 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra que permanece aberto o prazo de solicitude das axudas para obter os permisos de condución para profesionais do transporte

Esta liña de achegas, dotada con 1M€, ten como finalidade facilitar a incorporación de persoas condutoras ao mercado laboral

12/09/2026 | 10:41 | C. do Mar

CETMAR e FAO unen forzas para mellorar a seguranza das embarcacións de pesca artesanal en São Tomé e Príncipe

O Centro Tecnolóxico do Mar lidera unhas xornadas técnicas para avaliar a estabilidade e seguridade na navegación de dous prototipos de embarcacións construídos en estaleiros locais

12/09/2026 | 10:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 21 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía do risco de inundación nos ríos Ouro, ao seu paso por Foz, e Batán, en Lourenzá

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de asolagamento e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio deste tipo

11/09/2026 | 21:02 | Axencia de Turismo de Galicia
11/09/2026 | 20:17 | C. de Política Social e Igualdade
11/09/2026 | 19:07 | C. do Mar

A Xunta destina máis de 68.000 euros á rehabilitación enerxética e posta en valor do local histórico da confraría de Rianxo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, asistiu á inauguración do acondicionamento da antiga sede do pósito, unha intervención apoiada no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo