Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.604 novas:

14/09/2026 | 14:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda esixe a retirada da proposta estatal de modificar a lexislación de Costas para aplicar criterios de deslinde máis restrictivos e advirte de que pode afectar a 2.500 edificacións en Galicia

Anuncia que esta semana se van presentar alegacións ao Real Decreto de xestión dos riscos de inundación, no que se inclúen estes cambios

14/09/2026 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estudará novas vías de colaboración coa Escola Técnica Superior da Universidade da Coruña para dar a coñecer á cidadanía o papel destes profesionais para avanzar en materia medioambiental

Ángeles Vázquez recoñece a importancia dos enxeñeiros de camiños, canais e portos para avanzar na investigación e posta en marcha de proxectos relacionados con ámbitos da súa competencia, especialmente na xestión da auga e na mitigación do cambio climático

14/09/2026 | 14:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade
14/09/2026 | 14:43 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Alfonso Villares destaca a colaboración da Xunta co Concello de Xermade na mellora de infraestruturas e servizos

O delegado territorial de Lugo analizou co alcalde, Roberto García, algúns dos últimos  investimentos realizados polo Goberno galego así como proxectos de futuro para o municipio

14/09/2026 | 14:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga ao Concello de Fisterra unha concesión para ocupar 4.400 m2 na praia do Sardiñeiro destinados a paseo e zona de uso público recreativo

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático regulariza deste xeito a ocupación correspondente a un paseo marítimo existente, así como do parque infantil instalado nunha zona axardinada

14/09/2026 | 14:34 | Axencia de Turismo de Galicia

Villares destaca o impulso da Xunta ao Camiño Francés con diferentes liñas de acción para potenciar todos os recursos vinculados á ruta

O delegado territorial de Lugo resalta a renovación do convenio coa Mancomunidade e os concellos, cun investimento autonómico de 1,12 M€ para acometer novos proxectos de revalorización, embelecemento e promoción do itinerario xacobeo

14/09/2026 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a capacidade da campaña extraordinaria do Centro Comercial Urbano Aever para dinamizar o comercio local de Verín

O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na presentación da iniciativa do Centro Comercial Urbano Aever, unha das cinco campañas extraordinarias que apoia o Goberno galego dentro das axudas a centros comerciais abertos

14/09/2026 | 13:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha unha nova edición do concurso Pilabot para concienciar a comunidade educativa sobre a reciclaxe de pilas

O prazo para que centros educativos de primaria e secundaria se inscriban nesta iniciativa permanecerá aberto desde hoxe, 14 de setembro, ata o 2 de outubro