Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.607 novas:

15/09/2026 | 17:05 | C. do Mar

Villaverde defenderá ante o Goberno central unha PPC que permita renovar a frota e garanta un financiamento pesqueiro xusto para o sector

A Xunta apoia a referencia de, cando menos, 7.290 M€ para pesca e acuicultura no marco financeiro 2028-2034 e reclama que estes recursos sexan visibles, plurianuais e non poidan desviarse cara a outras políticas

15/09/2026 | 16:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Martina Aneiros destaca o apoio da Xunta á sostibilidade turística cunha nova convocatoria de 9 M€

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o restaurante Las Olas By Pantín ao que se lle concedeu unha achega autonómica de máis de 48.000 euros na última convocatoria

15/09/2026 | 16:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 40 investigadores participan na sesión formativa para optar ás axudas do Consello Europeo de Investigación

A Xunta e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) celebraron hoxe en Santiago o ERC Proposal Reading Day para orientar ao persoal investigador sobre as candidaturas ás axudas europeas máis prestixiosas

15/09/2026 | 16:01 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a nova ETAP de Padrón supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga á veciñanza de nove concellos do entorno do río Ulla

A Xunta achegou 10,5 M€ para aumentar a capacidade de tratamento da planta nun 40% e atender a 90.000 habitantes no horizonte 2044

15/09/2026 | 15:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca en Pazo de Vilane a aplicación práctica da innovación para dar resposta aos retos do sector agroalimentario

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou as instalacións de Pazo de Vilane, entidade representante do grupo operativo que desenvolveu o proxecto FUNTRAPA – Fungos parasiticidas para a transición de gandarías a réximes pastorís

15/09/2026 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca a capacidade de Galicia para acoller competicións deportivas na presentación da décima edición do Ecorallye A Coruña

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, animou a seguir unha proba que contará con récord de inscricións e a participación dos mellores pilotos da especialidade

15/09/2026 | 15:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o Plan de Economía Social de Baiona como ferramenta clave para fortalecer o desenvolvemento económico do municipio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe na xornada de presentación do documento, que recolle a diagnose, as principais liñas estratéxicas e as actuacións prioritarias para fomentar este modelo económico no concello

15/09/2026 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo pon en valor o papel da Real Academia de Medicina de Galicia como referente da ciencia e da saúde na Coruña

 A delegada da Xunta asistiu ao descubrimento da placa conmemorativa da implantación da Real Academia de Medicina de Galicia na cidade da Coruña desde o ano 1833