Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.610 novas:

15/09/2026 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca a capacidade de Galicia para acoller competicións deportivas na presentación da décima edición do Ecorallye A Coruña

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, animou a seguir unha proba que contará con récord de inscricións e a participación dos mellores pilotos da especialidade

15/09/2026 | 15:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o Plan de Economía Social de Baiona como ferramenta clave para fortalecer o desenvolvemento económico do municipio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe na xornada de presentación do documento, que recolle a diagnose, as principais liñas estratéxicas e as actuacións prioritarias para fomentar este modelo económico no concello

15/09/2026 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo pon en valor o papel da Real Academia de Medicina de Galicia como referente da ciencia e da saúde na Coruña

 A delegada da Xunta asistiu ao descubrimento da placa conmemorativa da implantación da Real Academia de Medicina de Galicia na cidade da Coruña desde o ano 1833

15/09/2026 | 15:21 | C. do Mar

Villaverde salienta o protagonismo de Galicia como rexión convidada na feira Auténtica Premium Food en Sevilla

A titular de Mar pon en valor esta distinción como un recoñecemento á calidade, sustentabilidade, innovación e excelencia da produción alimentaria galega

15/09/2026 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a glorieta e o acondicionamento do acceso á Fonsagrada pola estrada autonómica LU-530

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou as actuacións do Goberno galego no municipio durante unha xuntanza co alcalde, Carlos López

15/09/2026 | 15:06 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña que a Xunta vai adxudicar os grandes proxectos industriais de seguridade, defensa e aerospazo priorizando a fabricación en Galicia

A convocatoria está dotada con 40 M€ e busca conformar consorcios empresariais para o desenvolvemento de tecnoloxías duais vinculadas coa seguridade, a defensa e o aeroespazo

15/09/2026 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que a senda na estrada AC-550 permitirá conformar un itinerario continuo ao longo de 6km en O Porto do Son

Habilitaranse dous treitos principais de senda entre Linteiros e Quintáns, que conectarán coas beirarrúas existentes para conformar un itinerario seguro e cómodo para os desprazamentos da veciñanza e visitantes

15/09/2026 | 14:50 | C. do Mar

A Xunta reivindica en Madrid a xestión do FEMPA e esixe a Bruxelas menos burocracia e un fondo específico a partir de 2028

O director xeral de Pesca, Isaac Rosón, participou na X Xornada de Opromar sobre o balance e as perspectivas do financiamento europeo no Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

15/09/2026 | 14:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires “como un punto clave para reforzar a proxección exterior da lingua e cultura galegas”

Anima ao estudantado do centro arxentino “a aproveitar esta oportunidade de coñecer os valores que forman parte da nosa identidade”

15/09/2026 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lanza a iniciativa ‘Circularidade do téxtil galego’ da man do sector para incidir na prevención en orixe destes residuos e mellorar a súa xestión

Ángeles Vázquez incide en que non se trata só de reciclar máis senón de adaptar tamén a produción e a forma de consumir produtos como a roupa e o calzado