Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.610 novas:

15/09/2026 | 13:24 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o valor e a tradición da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, a máis antiga de España no seu sector

María José Gómez pon en valor o traballo da ducia de fornos que nesta localidade ourensá apostan polo produto autóctono e por esta IXP, un labor recoñecido mesmo no ámbito internacional

15/09/2026 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta insta a Adif a revisar o borrador da acta de entrega das obras dos elementos comúns e do aparcadoiro da estación intermodal da Coruña para poder formalizala

O Goberno galego aclara que, desde o envío a finais de maio da acta de recepción e do borrador da acta de entrega das obras para a súa revisión, máis de tres meses despois, segue sen recibir resposta nin observacións

15/09/2026 | 13:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño chama a estreitar os vínculos entre a sanidade pública e a universidade para que os médicos do futuro atopen en Galicia o mellor lugar para formarse

Subliña o compromiso da Xunta coa formación sanitaria especializada, que acada este ano un novo récord con 725 prazas, 207 delas de medicina familiar e comunitaria

15/09/2026 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 22,4M€ en actuacións de reforzo de firme en estradas autonómicas na provincia da Coruña ao paso por 31 concellos

En Vimianzo, a Xunta está a actuar en 2,5 quilómetros da AC-552 no marco dun proxecto para intervir en 8 viarios autonómicos ao paso por 10 concellos da Costa da Morte, cun investimento de 3,4M€

15/09/2026 | 12:23 | Axencia de Turismo de Galicia

O Camiño da Costa enfila o seu peregrino 100.000 tras outro verán de récord cun incremento d0 26%, o maior de todos os itinerarios Xacobeos

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este martes dos datos da ruta que atravesa Vigo e visitou aos peregrinos que se aloxan no albergue

15/09/2026 | 10:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 8 M€ a dar continuidade á gratuidade nas escolas infantís e puntos de atención á infancia de titularidade municipal

Neste curso póñense a disposición das familias máis de 32.000 prazas de balde en centros de 0 a 3 anos públicos, de iniciativa social e privados

14/09/2026 | 20:00 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove en Madrid o destino Galicia cunha exposición sobre turismo activo na Casa de Galicia

A aposta polo turismo de natureza é un dos ámbitos con maior capacidade para avanzar na desestacionalización da oferta turística da comunidade

14/09/2026 | 17:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación planifica coa Rede de Formación do Profesorado o impulso de 6.400 actividades este curso

O director xeral de Centros e Recursos Humanos reúnese cos directores da rede para abordar o calendario formativo, que este curso se centra, sobre todo, no reforzo das competencias clave como matemáticas e lectura