A Xunta participa na presentación da ‘38ª Feira do Moble de Galicia’ que acollerá o recinto feiral da Estrada esta semana

A Estrada (Pontevedra), 15 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, participou hoxe no acto de presentación da 38ª Feira do Moble de Galicia, que se prolongará desde este xoves 17 de setembro ata o domingo 20. Alí, destacou a importancia dunha cita que cumpre case catro décadas situando o recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada como punto de encontro para a mostra e comercialización de mobles, complementos, artigos de decoración e outros produtos para equipar o fogar.

Nese senso, Alén referiuse ao evento como un escaparate da innovación e da evolución do sector, así como unha referencia anual para os distintos negocios implicados e a súa clientela potencial. Celebrou que o recinto feiral estradense o siga acollendo, demostrando as amplas posibilidades de exposición e posta en valor que ofrece de cara ao impulso deste eido económico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/09/2026