A Xunta convida á cidadanía a empregar o ‘Pasaporte do comercio local’ en beneficio dos negocios do barrio vigués das Travesas

Vigo, 16 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe na presentación da campaña Pasaporte do comercio local, impulsada polo Centro Comercial Aberto As Travesas e apoiada pola Xunta no marco das axudas a este tipo de entidades. En concreto, trátase dun dos 24 CCA da provincia de Pontevedra que recibiron un importe autonómico total este ano próximo ao 1 M€, ao abeiro da orde que distribuíu máis de 2,35 M€ entre 56 entidades de toda Galicia.

O director xeral destacou a iniciativa presentada por perseguir poñer en valor o comercio, fomentar o consumo de proximidade e achegar á sociedade as vantaxes de comprar nos establecementos da contorna. Animou a mercar no barrio vigués das Travesas ata o día 10 de outubro que se prolongará a iniciativa e a reunir tíckets de establecementos diferentes co gallo de conseguir tarxetas regalo que redunden no beneficio do tecido comercial local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/09/2026