Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anuncia a licitación das obras da nave de deportes náuticos da Sociedade Deportiva Tirán
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvárez presentaron hoxe as obras que se levarán a cabo o próximo ano e que, entre as actuacións previstas, inclúen a ampliación do edificio en planta baixa, unha nave cuberta e aberta para gardar os remolques de transporte das embarcacións ou un novo vestiario accesible
A Xunta impulsa a ampliación do complexo deportivo da Fieiteira en Ribeira cunha achega superior ao millón de euros
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración do novo pavillón, que conta cun módulo de atletismo cuberto e unha sala para a práctica do taekwondo
O ciclo ‘Luz ó Deporte’ volve o próximo luns á sede da Xunta cunha charla do psicólogo deportivo Joaquín Dosil
A Fundación Breogán, coa colaboración do Goberno galego, organiza unha nova edición desta serie de conferencias abertas ao público en xeral pero enfocadas principalmente a rapaces e rapazas de centros educativos lucenses
Martina Aneiros pon en valor o apoio do Goberno galego ao deporte durante a presentación da XLI Copa de Voleibol Xunta de Galicia
A cita, na que se enfrontan os mellores equipos femininos e masculinos clasificados na pasada campaña, entre os que se atopa o Aldebarán, se disputará esta fin de semana no pavillón municipal
O Pro Junior chega a Galicia por cuarto ano consecutivo cos 200 mellores surfistas xuvenís do mundo
O secretario xeral para o Deporte destaca o gran traballo que se fai no Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Surf e amosou o seu convencemento de que Galicia contará pronto cun surfista olímpico ou olímpica
Diego Calvo celebra o éxito dos representantes galegos nos World Skate Games
Tras recibir a semana pasada a Jacobo Copa como campión mundial sub-19 de hóckey sobre patíns, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou hoxe a César Carballeira e Ignacio Alabart, que se alzaron a fin de semana co título absoluto masculino e a María Sanjurjo, tamén campioa no absoluto feminino
Lete Lasa enxalza ao Club Arteal Tenis de Mesa como “un dos mellores equipos, non só de España, senón de toda Europa”
Destaca a calidade de dous dos máximos estandartes do Arteal, Enio Mendes e Humberto Manhani que acadaron os éxitos máis importantes do club, así como Mateo Lois, xogador de trece anos que este ano debutará na Primeira División co filial
O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel segue medrando e chega aos 1.335
A paridade de xénero achégase máis ao equilibrio co 40% de mulleres (529) e o 60% de homes (806)