O delegado territorial da Xunta participa na presentación da 8ª edición de ‘Sportur Galicia’, o Salón do Deporte e Turismo Activo
Ourense, 20 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da oitava edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo, edición especial centrada en Xogos Deportivos que buscan a inclusión.
Nesta cita, que se desenvolverá en Expourense entre o 22 e o 24 de maio, compartirán espazo clubs dunha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional ou pertencentes a colectivos en risco de exclusión.
2025-05-20
/documents/35297/1714007/200525+Presentaci%C3%B3n+Sportur+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Data de actualización: 20/05/2025