Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a capacidade de Galicia para acoller eventos deportivos de primeiro nivel internacional
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación da cuarta proba da Copa do Mundo de Natación Artística, que se desenvolverá esta fin de semana en Pontevedra
A Xunta apoia a Ruta Castrexa de Mototurismo, que discorrerá por 12 concellos lucenses o próximo 13 de xuño
Nesta sexta edición propón un percorrido de arredor de 450 quilómetros polo patrimonio natural e cultural da provincia con especial protagonismo para os Camiños Xacobeos
Belén do Campo recibe ao Marineda Hockey feminino tras unha tempada histórica co ascenso á OK Liga e a conquista da Copa Princesa
Os representantes da Xunta puxeron en valor o éxito deportivo acadado por unha entidade que, en menos dun ano de traxectoria oficial, conseguiu situarse na elite do hóckey a patíns feminino estatal converténdose nun referente do deporte feminino galego
Rueda destaca a fazaña histórica do Mecalia Atlético Guardés tras proclamarse campión da EHF European Cup
O titular do Goberno galego recibiu hoxe ao equipo tras converterse no primeiro club galego de balonmán en levantar un trofeo europeo
Rueda recibe ao Real Club Deportivo da Coruña para felicitalo polo seu ascenso a Primeira División
Celebra a volta do “Noso Derbi” no “ano de Galicia, o Ano Xacobeo”
Manuel Pardo destaca o importante papel que xoga o deporte para conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade
O delegado territorial gabou esta iniciativa que reforza o traballo da Xunta en prol do deporte adaptado e inclusivo como demostra o Programa Xogade que xunta a oferta deportiva federada e escolar para os rapaces entre 6 e 16 anos e que garante a participación de todas as persoas con diversidade funcional
Belén do Campo e Roberto García felicitan ao Maristas Coruña feminino polo seu histórico ascenso á Liga Feminina Challengue
Ambos destacaron que este éxito é o resultado do esforzo, da constancia e do traballo desenvolvido ao longo dos anos por xogadoras, corpo técnico, directiva, familias e toda a comunidade educativa vinculada ao colexio Maristas