Actualidade
Buscador de novas
A Xunta emite declaración de impacto ambiental desfavorable sobre o proxecto de modificación e ampliación do parque eólico Edreira I, na Lama
A resolución destaca o informe negativo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural que resulta determinante ao considerar que o proxecto producirá efectos adversos significativos e non é compatible coa preservación da biodiversidade da contorna
A Xunta destina case 60.000 € á construción dunha fonte transitable na Laracha que actuará como refuxio climático en pleno centro urbano
A intervención, cuxo custo cubrirá nun 80% a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, permitirá habilitar un novo espazo público destinado a mitigar o efecto illa de calor mediante a instalación dunha fonte con chorros de auga emerxentes
A Xunta e o Concello de Ourense inician a construción do proxecto piloto de refuxio climático urbano
A intervención abrirá un corredor verde lineal, de norte a sur, coa instalación de xardineiras nas que se plantarán diferentes especies e a naturalización das rotondas
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan parcial para ordenar e resolver as conexións exteriores do Parque Científico e Tecnolóxico da Costa da Morte, en Zas
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na zona de intervención
A Xunta dá luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos non perigosos en Palas de Rei
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta licita por case 840.000 € as obras de mellora da estación depuradora de San Cristovo de Cea
A intervención, cun prazo de 12 meses para executar os traballos, permitirá resolver as carencias da actual EDAR e introducir sistemas tecnolóxicos para automatizala
A Xunta instala 23 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Umia, en Caldas de Reis
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta realiza por primeira vez un programa de seguimento de bolboretas nocturnas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
A illa de Cortegada, na que se está a realizar este estudo, rexistrou na súa primeira noite preto de 130 exemplares destas avelaíñas de máis de 40 taxóns distintos
A Xunta destina máis de 3,4 M€ á xestión integral das plantas públicas de biorresiduos de Cervo, Verín e Vilanova de Arousa durante un período de 3 anos
O contrato foi resolto recentemente por Sogama e inclúe a operación, o mantemento e a limpeza das tres instalacións, debendo encargarse a adxudicataria de distribuír e comercializar o abono resultante do tratamento da fracción orgánica
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación dunha explotación de vacún en Mazaricos
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre a contorna sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e na documentación avaliada