Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural destina 3,1 M€ ás axudas para a reestruturación e reconversión do viñedo coas que se benefician 172 persoas viticulturas galegas
Os beneficiarios son persoas viticultoras titulares das explotacións vitícolas, tanto as que xa as veñen xestionando como as futuras, que disporán dunha achega para actuar sobre 237 hectáreas de terreo
Rueda reúnese co embaixador do Xapón para seguir impulsando o intercambio empresarial entre os dous territorios
Trátase do segundo encontro que manteñen o presidente da Xunta e o embaixador xaponés. O primeiro foi en xuño de 2023.
A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo
A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional
Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas
Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e empresas do sector servizos
A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes co aforro enerxético e a sustentabilidade”
Lorenzana destaca que a nova liña de acceso ao crédito para autónomos e pemes facilitará o acceso ao financiamento a máis de mil empresas
A Xunta incrementa o orzamento da convocatoria do presente ano 2025 ata os 19 millóns de euros que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€
A Xunta considera unha “excelente noticia” que Stellantis adxudique á planta de Vigo a nova plataforma para coches eléctricos
“Recibimos en Galicia unha boa noticia para a industria da automoción”, di a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, quen lembrou que se trata da planta de vehículos máis produtiva de España