Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.193 novas da área temática Comercio:

28/10/2024 | 13:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta eleva a 180 as persoas beneficiarias da segunda fase do proxecto pioneiro de arraigamento por formación para migrantes ao sumar á ONG Rescate Internacional

O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e esta entidade, que se une aos xa en marcha con Cáritas Federadas en Galicia, Cáritas de Lugo e as Escolas Familiares Agrarias

25/10/2024 | 15:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta resalta en Sagunto a aposta estratéxica de Galicia polo comercio local como eixo fundamental de desenvolvemento social e económico

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no XII Congreso Internacional de Cascos Históricos para poñer en valor o papel do comercio no dinamismo de barrios, vilas e cidades

25/10/2024 | 11:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Aitor Martínez, Julia de la Cal e Santiago Besteiro competirán polo Premio Artesanía de Galicia 2024

O director xeral de Comercio e Consumo presidiu a reunión do xurado destes galardóns que buscan estimular a creatividade dos artesáns galegos, recoñecer a súa traxectoria e incentivalos a mellorar con especial atención ás novas xeracións

24/10/2024 | 19:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a Elena Ferro como un referente na actualización dos oficios artesanais tradicionais

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou hoxe na xornada Elena Ferro: creatividade na pel, dentro do ciclo De pioneiras e andainas,  organizado polo Consello da Cultura Galega

23/10/2024 | 14:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta o emprendemento e a mellora da competitividade das pemes lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Lugo as instalacións de LMB Twice, beneficiaria de distintos apoios do Goberno galego para impulsar a súa actividade

23/10/2024 | 12:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta fomenta a dinamización do comercio local de Vigo a través dunha nova edición do concurso de Nadal de escaparatismo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da iniciativa Ilumina o teu escaparate organizada polas asociacións de comerciantes

22/10/2024 | 16:27 | C. de Economía e Industria

A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas

Lorenzana apunta que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia