Actualidade
Buscador de novas
Xunta e Clúster da Construción reforzan a súa colaboración para impulsar as técnicas industrializadas na execución de vivendas e infraestruturas
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destaca que Galicia está diante ”dunha oportunidade histórica para escalar nesta industrialización do sector da edificación, superar obstáculos coma a escaseza de man de obra e consolidar un novo modelo construtivo”
Xunta e Clúster de Construción impulsan as técnicas industrializadas coa celebración dunha xornada de traballo na que intervirá o recoñecido arquitecto austríaco Hermann Kaufmann
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, abrirá esta xornada que se celebrará na Cidade da Cultura e que incidirá na importancia da construción industrializada
Constituído o xurado do concurso de ideas para a urbanización do ámbito UI-8 do barrio da Tinería e a rehabilitación do Pazo de Dona Urraca, en Lugo
Este xurado será o encargado de avaliar as 17 propostas presentadas e conceder os tres premios do concurso
A Xunta licita os traballos de humanización dunha praza en Fonteboa, no concello de San Cibrao das Viñas, por 150.000 euros
A actuación consistirá nas obras de humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito
As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do vindeiro martes
A afección terá lugar no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, e é necesaria para a dotación da drenaxe e a reposición de servicios de baixa tensión e telefonía
A Xunta remata as obras de drenaxe na contorna do aparcamento da Avenida de Breogán, no barrio lucense de Casás
O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno galego decidiu asumir estes traballos, de competencia municipal, para axilizar a recepción e apertura do parking por parte do Concello de Lugo
A Xunta completa a segunda fase da reforma da estrada autonómica AC-862, cun investimento de 7,5 M€
Actuouse ao longo de 3 km de estrada entre o Campo do Hospital, en Cedeira, e Ponte Mera, en Ortigueira, e os traballos consistiron na rectificación de 13 curvas, na rehabilitación do firme e na dotación dun 3º carril de adiantamento
A Xunta licita por preto de 263.000 € as obras de mellora da accesibilidade da rúa Rocha de Vélez, en Mondoñedo, enmarcadas no Plan Hurbe
A intervención busca mellorar a accesibilidade á zona dos Castros desde a rúa Rocha de Vélez, facilitando o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura
A Xunta licita por preto de 120.000€ a humanización da praza da Igrexa no núcleo rural de Rairiz de Veiga
A actuación enmárcanse no Plan Hurbe e permitirá a renovación, soterramento de servizos urbanos e pavimentación no entorno da praza da Igrexa