Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.834 novas da área temática Infraestruturas:

10/06/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue pon en valor os 68M€, “o maior investimento da historia nun exercicio”, para garantir o bo estado do firme das estradas autonómicas, o mesmo día no que a xunta licita o contrato cuatrianual de conservación e vialidade invernal por 184M€

A conselleira subliña que estes investimentos en conservación responden á estratexia “estudada e planificada da Xunta e plasmada nos orzamentos” para actuar na rede viaria, “a fin de mantela nas debidas condicións para garantir a seguridade dos usuarios”

10/06/2025 | 11:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para unha nova planta de residuos de construción no concello de Mazaricos

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

09/06/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación definitiva do Plan Básico Municipal de Alfoz

Trátase dun instrumento eficaz que permitirá a ordenación do territorio neste municipio lucense, ofrecendo capacidade de acollida residencial e económica

07/06/2025 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conservación no viaduto do río Bouzos na vía de alta capacidade do Morrazo farán necesario afectar ao tráfico entre a saída de Cangas e á da PO-551

Trátase de executar as obras de recolocación do apoio de neopreno existente no estribo da estrutura correspondente coa viga central do viaduto, o que fará necesario traballar 3 días

06/06/2025 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada

Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo

06/06/2025 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da Xunta na estrada LU-710 en Baralla avanzan a bo ritmo e están xa executadas ao 50 %

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que se estenden nun tramo de 4,5 quilómetros e contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros

06/06/2025 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita este mes por 19 M€ a obra de construción do instituto Domingo Villar de Navia, que comezará a funcionar no curso 2027/28

A previsión é comezar a construción, que conta cun prazo de 18 meses, entre outubro e novembro deste ano

06/06/2025 | 11:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza con 333.000€ o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de abastecemento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro

05/06/2025 | 17:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a formación técnica do sector forestal para incentivar o uso da madeira como elemento construtivo

A actividade está financiada pola Administración autonómica a través da liña Xera-Savia, que facilitou a formación de máis dun milleiro de traballadores e traballadoras ao longo de 2024