Actualidade
Buscador de novas
Galicia incorpórase ao sistema de intelixencia turística para sumar novas tecnoloxías intelixentes na planificación do destino
Deste xeito, contribuirase a que os destinos galegos melloren a súa xestión e sexan máis competitivos ao poder acceder aos datos que forman parte deste sistema
A segunda edición de Unindo Camiños celebra o vínculo de valores xacobeos e deportivos no fútbol xuvenil
O director de Turismo de Galicia presentou a competición que trae a Santiago a equipos masculinos e femininos de distintas localidades polas que pasa o Camiño de Santiago
A Xunta constitúe o Comité que impulsará as actuacións de carácter estratéxico definidas na Lei do litoral
O comité analizou os últimos avances nos traballos de elaboración do Catálogo de bens de valor cultural no litoral, coa execución de visitas de campo para actualizar os datos dispoñibles, e no deseño da Gran senda pola costa que conectará Ribadeo e A Guarda
O bono turístico da Xunta inxecta 2,5 M€ no sector turístico en menos de 3 días
As persoas que o descargaron realizaron un gasto de 1,5M€ e a Xunta financiou este programa achegando outro 1M€
A Xunta acompaña á mocidade galega do exterior no arranque da nova edición da experiencia ‘Conecta con Galicia no Camiño’
O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, iniciou a xornada cos participantes hospedados na Residencia Florentino López Cuevillas, compartindo os primeiros pasos da Vía da Prata
A Xunta e os hosteleiros inician o reparto do primeiro mapa de servizos do camiño portugués da costa ao seu paso por Vigo
A delegada territorial, Ana Ortiz, presentou unha nova iniciativa para ofrecer información aos peregrinos ante a falta de sinalización na cidade
A Xunta colabora coas patronais do Santiago Apóstolo de Castroverde, que se celebran do 23 ao 26 de xullo
Entre as actividades previstas figuran verbenas e concertos os catro días, ademais da visita dunha foodtruck da campaña Galicia Sabe AMAR, que estará no campo da festa o xoves 24 de 11,00 a 16,00 horas
Amplíase ata o 18 de agosto o prazo para solicitar as axudas a establecementos termais por case 8 M€
As persoas interesadas en abrir ou reformar establecementos tipo hotel balneario ou talaso poderán optar a elas