Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.486 novas da área temática Educación:

27/05/2025 | 16:51 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Xunta duplicou nos últimos anos a oferta formativa para os sectores da hostalaría e turismo e as industrias alimentarias

No encontro sectorial do Plan Conecta FP, o conselleiro de Educación e o director de Turismo de Galicia poñen en valor o gran peso destas áreas na economía galega

27/05/2025 | 15:34 | C. do Mar

A conselleria do Mar explora xunto coa universidade novas liñas de colaboración científica

O titular de Mar destacou o prestixio deste centro académico que conta co Selo de grao de excelencia autonómico así como o papel dos futuros veterinarios no sector do Mar, dada a súa importancia para garantir a soberanía alimentaria 

27/05/2025 | 15:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta o novo sistema para realizar a matrícula escolar a través do teléfono móbil, que facilitará o proceso ás familias e aos centros

Román Rodríguez explica que este novo sistema completa a posibilidade de facer todo o proceso de xeito telemático, aínda que quen o desexe pode optar pola vía en papel

27/05/2025 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avalía cos axentes da I+D+i galega os instrumentos de apoio postos en marcha e inicia a definición da nova convocatoria de misións

A Consellería de Ciencia celebra tres mesas de traballo con diferentes entidades no marco do proceso de avaliación intermedia da Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2021-2027

26/05/2025 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
26/05/2025 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€

Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032

26/05/2025 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Belén do Campo destaca o excelente traballo do centro de educación especial Lenda Educativa ao servicio da atención á diversidade e inclusión

Este centro articula a súa proposta formativa arredor de tres liñas principais: a formación adaptada en cultivos agrícolas e horticultura, a formación adaptada en gandaría e a formación adaptada para o coidado e atención a persoas en situación de dependencia

25/05/2025 | 10:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Case 200 universitarios aprenderán idiomas este verán no estranxeiro co programa Galemundo da Xunta

O Goberno galego concédelles axudas de ata 1.500€ para que melloren as súas competencias en linguas estranxeiras en calquera país do mundo

24/05/2025 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba o medio século do colexio CEIP Rosalía de Castro de Padrón por e para a educación

O conselleiro participa na descuberta dunha placa conmemorativa e pon en valor a traxectoria do centro

24/05/2025 | 12:36 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel do Centro Superior de Hostalería de Galicia como dinamizador de innovación e profesionalización do turismo galego

Avanza novas iniciativas como a licitación dun novo plan de formación dotado con 2,5 millóns de euros