Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.295 novas da área temática Medio ambiente:

16/05/2025 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traballa nunha identidade de marca para impulsar as actividades e os produtos locais dos espazos naturais protexidos de Galicia

Reafirmou a aposta da Xunta pola defensa, protección e conservación da Galicia Natural e polo benestar animal cos apoios á fauna silvestre e aos animais de compañía 

15/05/2025 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza o apoio aos concellos na xestión dos residuos cunha Oficina de Economía Circular Municipal para acelerar a transición a un modelo máis sostible

Ángeles Vázquez destaca que este servizo busca promover modelos de crecemento económico sostibles e neutros desde o punto de vista climático, o que axudará a avanzar cara a un futuro máis responsable e respectuoso coa contorna

15/05/2025 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Ambiental Interxeracional en 22 espazos naturais

Esta quinta edición conta con preto de 400 prazas e están programadas 28 actuacións que impulsan o respecto e coidado do patrimonio natural de Galicia

15/05/2025 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez anima á cidadanía galega a adoptar animais de compañía abandonados recorrendo ás axudas que ofrece a Xunta con este fin

A conselleira lembra que estas achegas poden solicitarse ata o vindeiro 30 de setembro, son para sufragar os primeiros gastos derivados da adopción e chegan ata os 150 euros no caso dos cans e ata 125 euros se se trata de gatos

14/05/2025 | 15:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza Galega polo Clima incorpora ao grupo Froiz como socio e acada xa as 200 entidades adheridas

Ángeles Vázquez agradece o compromiso co medio ambiente da compañía, que pode inspirar e exercer un efecto tractor no tecido empresarial existente na contorna 

14/05/2025 | 15:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada da Xunta en Vigo e o presidente de Sogama supervisan as obras de remodelación da planta de transferencia de Guixar

Foi dotada cunha tolva específica para o transvasamento da materia orgánica recollida de forma diferenciada a través do contedor marrón, polo que, unha vez culminada a reforma, o Concello de Vigo poderá entregar esta fracción na instalación

14/05/2025 | 14:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón en Valdecorvos a súa proposta para crear unha área de inundación controlada na zona e outras actuacións fronte aos asolagamentos

Ángeles Vázquez lembra que a iniciativa de Augas de Galicia pretende laminar os crecementos do caudal en caso de precipitacións intensas e minimizar o impacto dos desbordamentos nas instalacións asentadas nas proximidades do río

14/05/2025 | 13:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia intercambia experiencias en Eslovenia sobre a protección da paisaxe durante o encontro internacional dos socios europeos do proxecto GIFT

Presenta a iniciativa Green InfrasTREEcture in the landscape, que propón a posta en valor da integración dos elementos arbóreos e forestais na paisaxe galega como parte dunha infraestrutura verde planificada e resiliente

14/05/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinou máis de 660.000€ para reducir as infiltracións nas redes de saneamento de 23 concellos na provincia de Ourense

Manuel Pardo supervisou a nova redutora para minimizar as perdas de auga, na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático investiu 38.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do ano 2024 para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais

13/05/2025 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Programa Meteoescolas da Xunta marca máximos este curso 24-25 coa participación de máis de 10.300 escolares

A conselleira destaca que esta iniciativa, nacida no ano 2012, conta cunha gran aceptación pois leva tres edicións rexistrando o máximo de centros participantes, 42