Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.098 novas da área temática Vivenda:

27/05/2026 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do Proxecto de Interese Autonómico para desenvolver solo para 300 vivendas en Ribadeo

O proxecto permitirá urbanizar o denominado SUD-R2, que conta cunha superficie aproximada de 7,6 hectáreas

26/05/2026 | 16:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para as obras construción de 17 vivendas públicas en Lalín, licitadas por case 3,3 M€

Os futuros fogares construiranse en solo cedido polo Concello, nunha contorna residencial consolidada e ben comunicada, e serán eficientes enerxeticamente, con sistema de aerotermia na cuberta e paneis fotovoltaicos

26/05/2026 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para construír 152 novas vivendas públicas en Garabolos, en Lugo, licitadas por un orzamento de 26,5 M€

O inmoble contará con máis de 23.000 metros cadrados de superficie construída e terá unha distribución de baixo, 8 alturas e baixo cuberta

26/05/2026 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/05/2026 | 10:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a nova orde de rehabilitación de vivendas para reforzar o emprego de sectores estratéxicos en municipios do rural galego

José González salienta a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que, cun orzamento inicial de 1,5 M€, busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes 

25/05/2026 | 17:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega unha nova vivenda protexida rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo no Berbés

A delegada territorial en Vigo e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou o inmoble recuperado e fixo hoxe entrega deste fogar situado na rúa Ribeira do Berbés

22/05/2026 | 17:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que acadou en 20 anos 140 vivendas e 36 locais rehabilitados, cun investimento autonómico de máis de 30 M€

A conselleira subliñou a revitalización da contorna e as oportunidades para a mocidade, citando a vivenda entregada hai dúas semanas a unha menor de 36 anos

21/05/2026 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue: “o Plan Estatal de Vivenda chega tarde, sen consenso coas comunidades autónomas e con financiamento insuficiente”

“Galicia non está de acordo con este plan, pero temos que aceptalo porque non podemos detraer fondos que son necesarios para as comunidades autónomas”, sinalou a conselleira

20/05/2026 | 18:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O concello de Arbo únese ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida

A Xunta pon a disposición do Concello esta ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela de 258 metros cuadrados

20/05/2026 | 16:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello da Merca adhírese ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de oito vivendas protexidas na Manchica

A través deste acordo, a Xunta pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, oito parcelas situadas na rúa Val do Seixo, para a construción de oito vivendas unifamiliares