Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 296 novas da área temática Xustiza:

04/08/2025 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 520.000€ á mellora da eficiencia enerxética do edificio xudicial de Carballo

A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación da obra, coa previsión de que poida empezar en decembro cun prazo de execución de catro meses

01/08/2025 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta seguirá reforzando nos vindeiros anos o presuposto dedicado á xustiza gratuíta

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, abordou co Consello da Avogacía Galega e co Consello Galego dos Procuradores as melloras previstas polo Goberno galego nos baremos e nas compensacións pola quenda de oficio

01/08/2025 | 10:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece dous incendios forestais nos concellos de Xunqueira de Espadañedo e de Xunqueira de Ambía

Ámbolos dous lumes iniciaron durante tarefas de desbroce sen aplicar as medidas de seguridade necesarias

01/08/2025 | 10:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece un incendio forestal no concello Lalín

O lume, que afectou a máis de 80 hectáreas, iniciouse durante unhas tarefas agrícolas cunha máquina segadora realizadas sen aplicar as medidas de seguridade necesarias

29/07/2025 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda co persoal da Administración de Xustiza en Carballo a reforma das oficinas xudiciais de Galicia no marco da implantación da Lei de Eficiencia do Servizo de Xustiza

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, lembrou os dous modelos de oficina xudicial e que, agás nas cidades, xa están implantadas desde o pasado 1 de xullo

29/07/2025 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 350.000€ a equipamento de emerxencias para as agrupacións de voluntarios de Protección Civil

A convocatoria, que sae publicada hoxe no DOG, vai destinada a concellos de menos de 50.000 habitantes que conten con estes colectivos

18/07/2025 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 13 quilos de percebe na Coruña

Os axentes tramitaron catro actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia no marco dun operativo contra o furtivismo

17/07/2025 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia esclarece un incendio forestal no concello de San Cristovo de Cea

O lume iniciouse durante unha labores de desbroce manual realizadas sen aplicar as medidas de seguridade necesarias

16/07/2025 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda con representantes dos secretarios dos xulgados de paz a transformación destes órganos en oficina de xustiza dos municipios

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, incidiu en que a Xunta traballou na dotación dos espazos facilitados polos concellos para acoller as 268 oficinas, que verán incrementadas as súas funcións coa nova Lei estatal de eficiencia xudicial