Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 265 novas da área temática Comercio:

12/12/2023 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Ana Ortiz anima á cidadanía viguesa a consumir no comercio local a través de iniciativas como a nova App de Aetravi

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este martes na presentación da aplicación da Asociación de Comerciantes das Travesas

04/12/2023 | 19:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a remuda xeracional no oficio tradicional da olería de Buño

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta tarde un curso de formación impulsado pola Administración autonómica no que participan tanto oleiros profesionais como novos emprendedores con formación en cerámica

04/12/2023 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A nova Lei de Artesanía de Galicia impulsará o sector como unha actividade económica sustentable e xeradora de emprego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, pechou o debate para a aprobación da norma, que está adaptada á nova realidade do sector e que ao mesmo tempo promove a súa importancia social e cultural

01/12/2023 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a comercialización de artesanía de Galicia no Mercado da Estrela de Santiago

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na presentación da 12ª edición deste evento, que se celebrará do 15 ao 18 de decembro
 

29/11/2023 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia unha nova edición do concurso de nadal de escaparatismo en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da campaña “Ilumina o teu escaparate” organizada polas asociacións de comerciantes

26/11/2023 | 13:09 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia dos mercados á hora de dinamizar as economías locais e de facilitar a comercialización de produtos agroalimentarios

José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e pola alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, comprobou o resultado da rehabilitación exterior deste mercado cun investimento de 89.000 euros por parte do goberno autonómico

24/11/2023 | 23:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove en Pontevedra o vínculo entre artesanía e moda

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe durante o desfile DEBUT 23 o premio á “Mellor colección con valor artesanal”, apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia por terceiro ano consecutivo

22/11/2023 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 25.000 € aos praceiros do mercado de Vilanova de Arousa

Esta axuda permitirá facer un estudo de mercado e levar a cabo iniciativas de mentoring e formación